PMAR

  Que é o PMAR?

 Significado:   PMAR son as siglas de Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento.

 Duración:   Este Programa desenvólvese ao longo dos cursos de 2º ESO e/ou 3º ESO (é dicir, pode durar un ano ou dous).

 Finalidade:   É unha medida de atención á diversidade coa que se pretende facilitar que os/as alumnos/as alcancen as competencias de 3º ESO para que poidan cursar 4º ESO e, así, opten a conseguir o Título de Graduado/a en ESO.

 Diferenzas coa vía ordinaria:  No PMAR hai varias diferenzas con respecto a cursar 2º ESO e/ou 3º ESO pola vía ordinaria:

  • Os grupos son moito máis reducidos (10 alumnos/as como máximo)
  • Emprégase unha metodoloxía específica.
  • A organización dos contidos e as materias do currículo son distintas.
  • Hai moitas actividades prácticas.

IMPORTANTE!!!   Finalizado o segundo curso de PMAR, o alumnado se terá que incorporar ao 4º curso de ESO pola vía ordinaria para poder obter o Título de Graduado/a en ESO.

  Requisitos de Acceso

   Dende 1º ESO: 

Poderá incorporarse ao PMAR de 2 anos de duración, que se desenvolverá ao longo de 2º ESO e 3º ESO:

  • O alumnado que teña cursado por primeira vez 1º ESO, tendo repetido en Primaria.
  • O alumnado que teña cursado por segunda vez 1º ESO e non estea en condicións de promocionar a 2º ESO.

   Dende 2º ESO

Poderá incorporarse ao PMAR de 1 ano de duración, que se desenvolverá ao longo de 3º ESO:

  • O alumnado que teña cursado por primeira vez 2º ESO e non estea en condicións de promocionar a 3º ESO, tendo repetido en Primaria e/ou en 1ºESO.
  • O alumnado que teña cursado por segunda vez 2º ESO e non estea en condicións de promocionar a 3º ESO.

   Dende 3º ESO

Excepcionalmente, poderá incorporarse ao PMAR de 1 ano de duración, que se desenvolverá ao longo de 3º ESO:

  • O alumnado que teña cursado por primeira vez 3º ESO e non estea en condicións de promocionar a 4º ESO, sen ter repetido o tendo repetido unha vez na ESO.

  Materias e Horario Semanal

 O currículo do PMAR inclúe 3 ámbitos:

  • Ámbito Lingüístico e Social, que abrangue os aspectos básicos dos currículos das materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia, do 2º ESO e do 3º ESO.
  • Ámbito Científico e Matemático, que trata os aspectos máis importantes correspondentes ás materias de Matemáticas e Física e Química de 2º ESO, e de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química de 3º ESO.
  • Ámbito de Linguas Estranxeiras, dedicado aos aspectos fundamentais do currículo da Primeira Lingua Estranxeira.

 Os alumnos e as alumnas de PMAR terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.

 A distribución horaria das materias e dos ámbitos en cada curso do PMAR é a seguinte:

              Ámbitos             Materias Ordinarias

1º curso de PMAR

(2º ESO)

  • Ámbito Lingüístico e Social        (9 h)      
  • Ámbito Científico e Matemático  (8 h)   
  • Ámbito de Linguas Estranxeiras  (3 h)
  • Educación Física  (2 h)
  • Música  (2 h)
  • Tecnoloxía  (3 h)
  • Reforzo en Lingua Galega  (2 h)
  • Reforzo en Matemáticas  (1 h)                      
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión  (1 h)
  • Valores Éticos  (1 h)

2º curso de PMAR

(3º ESO)

  • Ámbito Lingüístico e Social        (9 h)      
  • Ámbito Científico e Matemático  (8 h)   
  • Ámbito de Linguas Estranxeiras  (3 h)
  • Educación Física  (2 h)
  • Música  (2 h)
  • Tecnoloxía  (2 h)
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual  (2 h)
  • Cultura Clásica  (2 h)                      
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión  (1 h)
  • Valores Éticos  (1 h)

 

2024