CPI AS REVOLTAS

Departamento de Orientación

ABAU

 ABAU (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade).

Divídese en dúas fases: unha chamada Parte Obrigatoria, e outra denominada Parte Voluntaria, . Esta última fase é voluntaria, pero se a fas axudarache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14, nota máxima, en caso de acadaras un 10 en bacharelato).

Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da  túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da Parte Obrigatoria.

EN QUE CONSISTE A PARTE OBRIGATORIA?

Na Parte Obrigatoria examínaste das materias xerais troncais cursadas en 2º de bacharelato.Consta dos seguintes exercicios:

-Lingua Castelá e Literatura II

-Lingua Galega e Literatura II 

-Historia de España

-Primeira lingua estranxeira I

-Materia xeral troncal vinculada á modalidade cursada en 2º de bacharelato:

                   - Ciencias:  Matemáticas II 

                     -Ciencias Sociais:  Matemáticas Aplicadas ás CCSS II 

                     -Humanidades:  Latín II 

                     - Artes  :Fundamentos da Arte II 

Cada un dos exercicios da Parte Obrigatoria cualificarase entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais. A nota da parte obrigatoria será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios,expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máispróxima e en caso de equidistancia á superior

QUÉ SE NECESITA PARA SUPERAR A ABAU?

Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media ponderada entre a cualificación obtida na Parte Obrigatoria da ABAU (que conta un 40%) e a nota media de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da Parte Obrigatoria.

Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, compútanse todas as materias cursadas en bacharelato.

 A cualificación da Parte Obrigatoria terá validez indefinida, sempre que se teña superada a probade avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade

 

EN QUÉ CONSISTE A PARTE VOLUNTARIA?

Mentres que a Parte Obrigatoria é imprescindible superala para acceder a calquera grao, a Parte Voluntaria é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión

Na Parte Voluntaria cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias que poderá escoller de entre as materias de opción do bloque das materias troncais de calquera modalidade,e/ou das materias xerais troncais de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria .Tamén se poderá escoller como materia da Parte Voluntaria a optativa de 2ª Lingua Estranxeira II, sempre e cando sexa diferente da opción lingüística escollida na Primeira Lingua Estranxeira II. Nesta parte non é obrigatorio ter cursado as materias en 2º de bacharelato así que poderase escoller materias doutra modalidade ou itinerario.

Que materias se elixen para examinarse na Parte Voluntaria? 

Debes examinarte das materias que se corresponden, en xeral, coa rama de coñecemento onde se inscribe a titulación que che interesa, e concretamente, que ponderan o seu valor (0´1 ou 0´2)para o grao ou graos aos que desexas acceder. Dentro de cada rama universitaria, cada universidade poderá sinalar as materias concretas queconsidera prioritarias para un determinado título. Así que se xa sabes que titulación queres estudar e en que universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che interesa as súas táboas de ponderación.

Poden consultarse as táboas de ponderación e toda a información referente á ABAU na páxina web da CIUG, no seguinte enlace:

https://ciug.gal/gal

 

Published on  2024