PREINSCRIPCIÓN NA UNIVERSIDADE.

 

A preinscripción a farás desde o programa NERTA coa clave que che darán no Colexio. As titulacións teñen que ter a orde da túa preferencia: Ten que aparecer como primeira titulación a que máis che gustaría e como segunda a seguinte na túa preferencia... 

QUE FACER SE NON ME CONCEDEN A TITULACIÓN QUE PREFIRO.

Para entender o que debes facer nese caso, mira esta reportaxe  de hai algún tempo de  "La Voz de Galicia" . Este curso as datas serán diferentes, e o tempo para poder facer a matrícula é menor, pero o contido esencial mantense.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/06/16/debo-entro-directamente-carrera-quiero/00031497567690594492862.htm

 

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DOUTRAS COMUNIDADES

Datas: Normalmente na 2ª quincena de xuño, despois da ABAU.

Podes matricularte en cualquera universidade española aínda que non sexa da túa comunidade.

Só podes presentar unha solicitude de preinscripción en cada comunidade. Pero podes solicitar praza en todas as comunidades que desexes.

Terás que indicar, por orden de preferencia, a carreira e universidade elexidas.

Podes facer a solicitude por internet.

Antes de facela consulta as notas de corte e as materias que ponderan para cada titulación no orientaline.

 Nas universidades privadas 

Cada universidade establece o seu propio proceso de admisión: entrevista persoal, test psicotécnico, nota de ABAU...

Hai algunhas que teñen prazos rigurosos de admisión, sobre todo nas carreiras de moita demanda.