ABAU (selectividade)

 AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE

PARTE XERAL

Examinaraste das seguintes materias:

           Lengua Castellana y Literatura II

           Primeira Lingua Estranxeira II

           Historia de España

           Lingua Galega e Literatura.

E unha materia Troncal Obrigatoria segundo a túa Modalidade:

           Matemáticas II

           Latín II

           Matemáticas aplicadas ás ciencias Sociais II

           Fundamentos da arte

Puntuación Terás que sacar na proba polo menos un 4 sobre 10. E para a nota final terase en conta a media das materias cursadas en bacharelato (un 60%) e a nota da proba (un 40%). Esta media terá que ser polo menos un 5 para que sexas considerado apto.   

PARTE VOLUNTARIA

Para subir nota, de 10 a 14 puntos Os alumnos que o desexen poderán examinarse de dúas ou máis materias do bloque das materias Troncais de Opción de segundo, cuxa cualificación lles servirá para mellorar a nota, nunca para empeorar. Valoraranse as dúas mellores notas obtidas . Ata dous puntos por cada unha delas (tendo en conta se multiplica por o.1 ou 0,2 en cada carreira).  

Materias Troncais de opción segundo modalidade...

Ciencias:  Bioloxía.  Debuxo técnico II.  Física.  Xeoloxía.  Química.

Humanidades e Ciencias Sociais:  Economía da Empresa.  Xeografía.  Grego II.  Historia da arte. Historia da Filosofía.

Artes:  Artes Escénicas.  Cultura Audiovisual II.  Deseño.

As universidades poden valorar a cualificación obtida na materia troncal de modalidade da parte obrigatoria da proba, é dicir, de Matemáticas II, Latín II, etc. As universidades poderán valorar igualmente a nota obtida por aqueles alumnos que se examinen dunha segunda Lingua Estranxeira.

VALIDEZ

Terá validez para o acceso a calquera das universidades españolas. A parte obrigatoria da proba terá validez indefinida, mentres que a voluntaria só servirá nos dous cursos seguintes.

Celebraranse dúas convocatorias anuais, unha ordinaria (en xuño) e outra extraordinaria (en xullo).