Como é a avaliación
Avaliarase o logro de obxectivos e adquisición de competencias de:
a) Todas as materias troncais. Se implican continuidade (I e II) só a de 2º curso.
b) Dúas materias de opción de calquera dos dous cursos
c) Unha materia do bloque das específicas, que non sexa Educación Física nin Relixión.
Poderanse presentar aqueles alumnos e alumnas que teñan todas as materias superadas no Bacharelato.
Celebraranse 2 convocatorias anuais, unha ordinaria e outra extraordinaria.
Os alumnos e alumnas poden repetir a proba si non a superan ou si desexan subir a cualificación obtida.
No 2016-17 realizarase a 1ª proba, sen validez para o título de Bacharelato, pero si para o acceso á Universidade.
TITULO DE BACHARELATO= nota media do Bacharelato (60%) + nota da Proba da Avaliación Final do Bacharelato (40%)
Título de Bacharelato
Terás que sacar polo menos un 5 sobre 10.
E para la nota final terase en conta a media das materias cursadas en bacharelato (un 60%) e la nota da proba final (un 40%)
Co título poderás pasar á Universidade ou á FP de Grao Superior.
2023