INFORMACIÓN BÁSICA BACHARELATO.DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

RECORDATORIO:

1.- O horario de atención ás familias é: luns de 10,30 a 11,20 horas.

2.- Horario de atención ao alumnado: todos os días lectivos de 10,10 a 10,30 e de 12.10 a 12,30 horas.

SAÍDAS PROFESIONAIS:

- O mércores 28-11-18 ás 9,20 horas terá lugar unha charla informativa, no salón de actos, para 4º ESO, sobre saídas profesionais dentro das Forzas Armadas. Ao rematar ás 10,10, haberá un punto informativo para o alumnado, en especial de bacharelato,  que queira formular calquera cuestión e para todo aquel que teña interés neste tema.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL:

- É moi importante que consultedes a web do noso IES:Orientación Educativa>Programa Orienta.Tamén o blog:elorienta.com/monchovalcarce.

- Na web tedes enlaces para as tres universidades do SUG.

- Debedes entrar na páxina:ciug/gal para coñecer as datas dos exames da ABAU deste curso; táboa de ponderacións, notas de corte e prazas ofertadas no 2018-19

FEIRA DE UNIVERSIDADES. 19 DE DECEMBRO DE 2018.

O próximo mércores 19-12-18 o alumnado de 2º de bacharelato acudirá ao Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) en Coruña para asistir á xornada de orientación universitaria que organiza Unitour.

É un lugar de encontro para axudar ao alumnado a deseñar o seu futuro profesional a partir da correcta elección de tres cuestións fundamentais, ¿Quen quero ser? ¿Que quero facer? ¿Que quero estudar? Para máis información en: www.unitour.es