CPI AS REVOLTAS

Departamento de Orientación

FP Básica

Formación Profesional Básica

REQUISITOS DE ACCESO

Cumprir simultáneamente os seguintes requisitos:

a) Facer 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio do ciclo formativo. 

b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso. 

c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica. 

d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

 

 

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo

Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:

1º Reunión do equipo docente para decidir a proposta de alumnado susceptible de cursar unha FP Básica. Celebrarase na última sesión de avaliación e a proposta será asinada por todo o equipo docente e o orientador/a.

2º Elaboración por duplicado do Consello Orientador por parte do titor conforme ao anexo II, asinado polo titor/a, o orientador/a e o Director/a.

3º Comunicación por parte do Director/a aos pais da proposta, entregaralles un exemplar do consello orientador e o anexo III (Consentimento dos pais de incorporación do alumno).

 

 

Para consultar máis información sobre a FP Básica pode consultar o Portal de FP da Consellería no seguinte enlace, que ofrece información detallada así como a normativa que regula estas ensinanzas.

http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

 

 

 

 

Published on  2024