Admisión - Formación Profesional

Galicia

A distribución das prazas dispoñibles para cada ciclo é:

GRUPO A

Bacharelato ou equivalentes

GRUPO B

Título de técnico

GRUPO C

Probas de acceso e outros

 

Ata o 70%

 

Ata o 20%

 

Ata o 10%

 

Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade.

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.

2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.

3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.

4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo (non aplicable para este curso, segundo o disposto no Real Decreto 562/2017, do 2 de xuño).

5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.

6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.

3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.

4º. Alumnado con título universitario.

 - Consultar modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior.

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-superior