Cuestionarios

Coñécete un pouco mellor

Aquí atoparás varias ligazóns a páxinas web que te permitirán valorar as túas capacidades e aptitudes, facendo así que te coñezas mellor e que esteas en condicións óptimas á hora de elixir o teu futuro académico-profesional.

Ten en conta que os resultados dos tests non son significativos en si mesmos para tomar unha decisión, xa que unha axeitada orientación sempre é cousa dos profesionais. Por iso, invitámoste sempre a que acodas ao Departamento de Orientación do teu Centro, onde recibirás a mellor información e consello.

Ánimo! e goza facendo as probas.

            

 Test de Orientación Universitaria

Este test de orientación académica e profesional da Universidade San Pablo CEU presenta un cuestionario de 60 preguntas baseadas en intereses e preferencias, agrupadas en seis áreas. Ao redor destas áreas se organizan os diferentes perfís e áreas profesionais e ramas do coñecemento.

punto8.gif Orientación Profesional de Aplicacións Didácticas

Web de orientación con múltiples cuestionarios de todos os tipos e ligazóns de interese. Moi útil se dubidas das túas aptitudes e/ou calidades.

 Test de Intereses Profesionais

Descobre con este test cales son as ocupacións máis afíns coas túas motivacións.

punto8.gif Elixe Profesión

Test de aptitudes profesionais que che pode ser de utilidade para ir coñecendo un pouco mellor as posibilidades que se poden adaptar aos teus intereses e calidades persoais. 

 

 

2024