ESO

    Materias e Horario Semanal

           1º ESO

Troncais

  • Bioloxía e Xeoloxía   (4 h)
  • Xeografía e Historia   (3 h)
  • Lingua Castelá e Literatura   (4 h)
  • Matemáticas   (5 h)
  • Primeira Lingua Estranxeira   (3 h)   

Específicas

  • Educación Física   (2 h)
  • Segunda Lingua Estranxeira   (2 h)
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual   (2 h)
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión   (1 h)
  • Valores Éticos   (1 h)

   Libre Configuración     

  • Lingua Galega e Literatura   (4 h)
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Investigación e Tratamento da Información   (1 h)  
  • Paisaxe e Sustentabilidade   (1 h)
  • Reforzo en Matemáticas   (1 h)

         2º ESO

Troncais

  • Física e Química   (3 h)
  • Xeografía e Historia   (3 h)
  • Lingua Castelá e Literatura   (3 h)
  • Matemáticas   (5 h)
  • Primeira Lingua Estranxeira   (3 h)   

Específicas

  • Educación Física   (2 h)
  • Música   (2 h)
  • Tecnoloxía   (3 h)
  • Segunda Lingua Estranxeira   (2 h)
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión   (1 h)
  • Valores Éticos   (1 h)

   Libre Configuración     

  • Lingua Galega e Literatura   (3 h)
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Fundamentos Léxicos do Vocabulario Científico   (1 h)  
  • Oratoria   (1 h)
  • Reforzo en Matemáticas   (1 h)

     3º ESO

Troncais

  • Biloxía e Xeoloxía   (2 h)
  • Física e Química   (2 h)
  • Xeografía e Historia   (3 h)
  • Lingua Castelá e Literatura   (3 h)
  • Primeira Lingua Estranxeira   (3 h)   
   Elixir unha de entre as seguintes:   (*)
  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas   (4 h)   
  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas   (4 h)

Específicas

  • Educación Física   (2 h)
  • Música   (2 h)
  • Tecnoloxía   (2 h)
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual   (2 h)
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Segunda Lingua Estranxeira   (2 h)
  • Cultura Clásica   (2 h)
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión   (1 h)
  • Valores Éticos   (1 h)

   Libre Configuración     

  • Lingua Galega e Literatura   (3 h)

(*)   A opción de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas está pensada para todos aqueles alumnos e alumnas que desexen cursar un Bacharelato, mentres que a opción de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas está máis enfocada ao alumnado que ao rematar a ESO pretenda optar pola Formación Profesional. De todos os xeitos, a opción elixida en 3º ESO non é vinculante para a opción que se desexe cursar en 4º ESO.

     4º ESO  (Opción de Ensinanzas Académicas)

Troncais

  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas   (4 h)   
  • Xeografía e Historia   (3 h)
  • Lingua Castelá e Literatura   (3 h)
  • Primeira Lingua Estranxeira   (3 h)
   Elixir dúas de entre as seguintes:
  • Bioloxía e Xeoloxía   (3 h)
  • Física e Química   (3 h)
  • Economía   (3 h)   
  • Latín   (3 h)

Específicas

  • Educación Física   (2 h)
   Elixir dúas de entre as seguintes:
  • Cultura Científica   (3 h)
  • Cultura Clásica   (3 h)   (se non se cursou en 3º ESO)
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual   (3 h)
  • Filosofía   (3 h)
  • Música   (3 h)
  • Segunda Lingua Estranxeira   (3 h)
  • Tecnoloxías da Información e da Comunicación   (2 h)
  • Unha materia troncal optativa non cursada polo/a alumno/a.   
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión   (1 h)
  • Valores Éticos   (1 h)

   Libre Configuración     

  • Lingua Galega e Literatura   (3 h)

     4º ESO  (Opción de Ensinanzas Aplicadas)

Troncais

  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas   (4 h)   
  • Xeografía e Historia   (3 h)
  • Lingua Castelá e Literatura   (3 h)
  • Primeira Lingua Estranxeira   (3 h)
   Elixir dúas de entre as seguintes:
  • Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional   (3 h)
  • Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial   (3 h) 
  • Tecnoloxía   (3 h)

Específicas

  • Educación Física   (2 h)
   Elixir dúas de entre as seguintes:
  • Cultura Científica   (3 h)
  • Cultura Clásica   (3 h)   (se non se cursou en 3º ESO)
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual   (3 h)
  • Filosofía   (3 h)
  • Música   (3 h)
  • Segunda Lingua Estranxeira   (3 h)
  • Tecnoloxías da Información e da Comunicación   (2 h)
  • Unha materia troncal optativa non cursada polo/a alumno/a.   
   Elixir unha de entre as seguintes:
  • Relixión   (1 h)
  • Valores Éticos   (1 h)

   Libre Configuración     

  • Lingua Galega e Literatura   (3 h)

    Promoción de Curso

Os alumnos e as alumnas promocionarán de curso cando teñan superado todas as materias cursadas, ou ben, cando teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

Excepcionalmente, poderá autorizarse a promoción dun alumno ou alumna con avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:

  1. Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultamentamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.
  2. Que o equipo docente considere que esas materias suspensas non impiden ao/á alumno/a seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa.
  3. Que se lle apliquen ao alumno ou á alumna medidas de atención educativa.

Poderá tamén autorizarse excepcionalmente a promoción dun alumno ou alumna con avaliación negativa en Lingua Galega e Literatura e Matemáticas ou en Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que isto non lle impide realizar con éxito o curso seguinte,que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa educación, pero sempre que se lle apliquen medidas de atención educativa.

    Características da Avaliación de ESO

     A avaliación non terá efectos académicos.
       
O seu obxectivo é realizar un diagnóstico do nivel adquirido polos alumnos nas materias troncais cursadas en 4º ESO.
 
    Terá un carácter mostral, é dicir, soamente participará o alumnado seleccionado pola Administración educativa. 

 

    Título de ESO

 
Obtense o Título de ESO se se supera o 4º curso de ESO.
 

Co Título de ESO un alumno ou alumna poderá acceder indistintamente ao Bacharelato ou a un Ciclo de FP de Grao Medio.

   Igualmente, os alumnos e alumnas que obteñan un Título de Formación Profesional Básica poderán obter tamén o Título de ESO, sempre que o equipo docente considere que teñen alcanzado os obxectivos e competencias de ESO.

 

2024