A atención á diversidade ríxese polos principios de normalización e inclusión, equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación, flexibilidade e accesibilidade, interculturalidade e promoción da convivencia, autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade educativa. Estrá destinada á totalidade do alumnado, e esixe que a intervención educativa baséese nun enfoque multidisciplinar e de colaboracion e coordinación entre os diferentes profesionais.
Todos os centros contan cun documento no que se articula a Atención á Diversidade: Plan Xeneral de Atención á Diversidade, concretándose medidas e actuacións para dar resposta ás necesidades do alumnado. Vos deixamos o enlace do do centro para que o coñezades.
Existe unha serie de accións ou medidas de tipo preventivo que se deben adoptar dende os centros educativos para favorecer a atención á diversidade:
Dentro deste documento tamén se concretan unha serie de medidas de atención á diversidade. Son todas aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinadas a dar resposta axustada ás necesidades do alumnado. Se clasifican en dous tipos: ordinarias e extraordinarias.
Dentro do alumnado con necesidaes específicas de apoio educativo atopamos moita diversidade. Para facilitar a búsqueda de recursos de interese, agrupámolos da seguinte maneira: