Neste espazo recóllese toda aquela información de utilidade para orientar ao alumnado sobre distintas etapas de estudo, itinerarios académicos, oferta educativa, así como bolsas e axudas das que se pode beneficiar.
Sempre que o desexes, podes acudir ao noso Programa de Orientación Académico e Profesional, deseñado polo profesorado do centro. Se tes preguntas, non dubides en acudir á orientadora, ela estará encantada de recibirvos.
Para facilitar a procura de información, en primeiro lugar entra na etapa na que esteas máis interesado: ESO, FP, bacharelato ou universidade. Tamén deixamos ao dispor de toda a comunidade, información útil sobre bolsas, axudas e premios.
Enlaces de interés:
Calendario de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.