Cuestionarios para a toma de decisións

 Coñécete un pouco mellor

Aquí atoparás un conxunto de vínculos a diversas páxinas web, que te permitirán valorar as túas capacidades e aptitudes, permitindo con elo coñecerte mellor e estar en mellores condicións á hora de elixir o teu futuro académico-profesional.

Ten en conta que os resultados dos cuestionarios NON son significativos en sí mesmos para tomar unha decisión para o teu futuro, xa que unha axeitada orientación leva consigo valorar máis factores e ter en conta aos profesionais. Invitámoste a acudir ao Departamento de Orientación onde poderás ampliar a información e obter consello orientador.

Canta máis información teñas para valorala e contrastala, en mellores condicións estarás para a túa toma de decisións.

LEMBRA que esta sección estará en continua ACTUALIZACIÓN ao longo do curso, polo que podes consultala con regularidade.

Ánimo!

 

 Test de orientación universitaria

Este test de orientación académica e profesional da Universidade San Pablo CEU ofrece un cuestionario de sesenta preguntas baseadas en intereses e preferencias agrupados en seis áreas. En torno a estas áreas organízanse os diferentes perfís e áreas profesionais e ramas de coñecemento.

punto8.gif Orientación profesional de Aplicacións Didácticas

Web de orientación con múltiples cuestionarios de todos os tipos e enlaces de interese. Moi interesante se dubidas sobre as túas aptitudes e cualidades.

 Test de intereses profesionais

Descobre co Test de Intereses Profesionais as ocupacións máis afins ás túas motivacións.

punto8.gif Elixe profesión

Test de aptitudes profesionais que te pode ser de utilidade para ir coñecendo un pouco mellor as posibilidades que poden adaptarse ao teus intereses e cualidades persoais. 

 

 

2024