Igualdade

MARCO NORMATIVO PROGRAMA DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO

A lexislación actual tanto autonómica, estaatl como europea apela de maneira directa ao sistema educativo e aos propios centros educativos a fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, á prevención da violencia de xénero así como a desenvolver actitudes contrarias á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual. Capacidades todas elas que se converten en si mesmas en obxectivois xerais das diferentes etapas educativas. Podes acceder a dita normativa aquí.

 

PROGRAMA "SEMENTANDO IGUALDADE NO IES ROSAIS 2"

Para dar unha resposta real e concreta á normativa indicada, este ano deseñamos un programa para fomentar a igualdade no centro con actuacións a nivel de centro e aula. para elo aproveitamos as datas sinaladas no calendario para traballar os contidos que pretendemos.

 

25-N "DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Para a conmemoriación desta data organizouse no centro a SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES ROSAIS 2

  • Organizouse o “I CICLO DE CURTAMETRAXES DE AUTORA” en colaboración co IES Xulián Magariños (Negreira) quen nos facilitou o contacto coas autoras e o acceso ás cintas. O cartel de proxección foi o seguinte:
    • Dentro do proxecto “Visións” elaborado por varias cineastas galegas co apoio da Deputación de Pontevedra no ano 2016 proxectáronse a curta “1/2” de Olaia Sendón e a cinta “Ei, Guapa!” de Sonia Méndez dirixida a todo o alumando e profeosrado.
    • A curtametraxe “Conversa cunha muller morta” da mesama Sonia Méndez dirixida a alumando de 4º ESO e Bacharelato e profesorado do centro.

  • Visibilización de diferentes manifestacións de violencias machistas coas que loitamos, concretadas en dúas actuaciós:
    • A senda contra o sexismo: As palabras e expresións que te vas a atopar neste camiño seguramente as oíches moitas veces, quizais tantas que ata che parecen “normais”. Pero non o son. Son formas de perpetuar a desigualdade e a violencia de xénero. Se non che gustan... Písaas!.

           

    • Siluetas para denunciar as condutas agresivas e violentas e reivindicar novas masculinidades igualitarias.

        

    • Mural para visibilizar e denunciar os casos de violencia machista que levan acontecido no que vai de ano 2019 e aos que berramos “Nin unha menos!”

    • Recital poético-musical onde o alumando interpretou unha canción orixinal creada por unha alumna de 1º de bacharelato co título "Hai tanto que cambiar" e no que se recitaron poesías para denunciar as violencias de xénero.

    

 

  • O 8 de maio realizouse un obradoiro de teatro foro contra a violencia de xénero  a cargo da Fundación Matrix (en colaboración coa universidade de Vigo e Promuller) dirixido aos tres grupos de 3º ESO. A técnica do teatro-obradoiro é un extraordinario recurso educativo xa que favoreceuse integrar a dimensión emocional e vivencial, o traballo creativo favoreceu a participación do grupo, abordáronse os contidos dende un cambio de enfoque sobre os problemas e as súas dimensión e permitiu crear un escenario de confianza e seguridade para ensaiar habilidades e que fomenten solucións ao conflicto de violencia de maneira asertiva fronte a condutas pasivas ou agresivas.

 

8-M "DIA INTERNACIONAL DA MULLER"

Coincidindo co día 8 Marzo, día Internacional da Muller, celebraremos a semana “SEMENTANDO IGUALDADE” na que ao longo do 5 días realizáronse diferentes actividades para a comunidade educativa, baixo a etiqueta de figuras ocultas para poñer de relevo que O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE:

  • Mural de Figuras ocultas. Durante un par de semanas colocouse o hall do centro un mural onde se expoñían a contribución de 24 personaxes de diferentes disciplinas de coñecemento cuxa identidade foi ocultada previamente co fin de promover na comunidade educativa a pregunta de si coñecían que podía estar detrás destas biografías. Nas titorías da ESO traballouse con este material elaborado para que reflexionaran sobre elas: coñecen os nomes detrás destas biografías? Se fixeron contribucións tan importantes ao coñecemento e desenvolvemento humano porque non se nomeas nos libros de textos? Seremos capaces coa axuda de internet de atopar que persoas están detrás destas figuras ocultas?

    

  • Proxección da película HIDDEN FIGURES” (Figuras ocultas) dirixida no 2016 por Theodore Melfi e que narra a historia xamais contada de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos 60 do século XX (en plena carreira espacial) no ambicioso proxecto de poñer en órbita ao astronauta John Gleen. Filme feminista que foi aclamado pola crítica e o público.

  • En colaboración co alumando de 3º e 4º curso da ESO que propuxeron realizar unha instalación no hall do centro con frases onde querían reivindicar non so o papel e pensamento de mulleres filósofas, artísticas e científicas senón a importancia de rachar cos estereotipos de xénero e o teito de cristal, en prol dunha sociaedade igualitariamente máis xusta socialmente.
  • Acto central en conmemoración do día internacional da muller no que se organizou un recital poético a cargo de alumando de 4º da ESO e 1º de Bacharelato e para o cal contamos coa visita da poeta viguesa Cynthia Menéndez que nos agasallou con varios poemas, nun encontro moi emotivo e reivindicativo que rematou desvelando os nomes das 24 mulleres que se escondían detrás das figuras ocultas do noso panel.

        

17-M "DIA dAS LETRAS GALEGAS + DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, TRANSFOBIA E BIFOBIA"

Conmemoración conxunta do día 17 de maio no que a nivel galego celebramos o día das letras galegas e que no plano internacional coincide co día internacional contra a homofobia, a transfobia e bifobia.

  • Obradoiro afectivo-sexual dirixido ao alumando de 3º da ESO a cargo da asociación Nos mesmas, enmarcadas nas actuacións preventivas derivas do I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, no eixe 4 aborda a educación desde a diversidade para unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, coa finalidade de acadar unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual e afectiva, establecendo ámbitos de socialización que favorezan o coñecemento e a convencia na comunidade educativa, elaborando materiais para a abordaxe da educación afectiva e sexual e colaborando cos axentes socioeducativos e de formación en materia de saúde, para a abordaxe da saúde afectivo-sexual.

 

Organizouse a SEMANA “O SENTIR DA DIVERSIDADE” na que quixemos sumarnoa ás diversas actuacións que levana  cabo ao redor de todo o mundo, cunha programación didáctica centrada nun dobre obxectivo:

  1. Visibilizar a realidade LGBTI
  2. Promover o respecto pola diversidade e rexeitar calquera manifestación de LGBTIfobia.

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA #anosarealidadeédiversa.

Durante o mes de maio lanzouse a campaña para participar no concurso achegando unha fotografía que respondera ao dobre obxectivo da semana. Pódese acceder ao concurso a través do espazo web creado para tal efecto https://anosarealidadediversa.wordpress.com/.

Ademais o alumando de 3º ESO na materia de Tecnoloxía elaborou diferentes carteis do concurso no que se visibilizaba a diversidade afectivo-sexual.

 

I CONCURSO DE REFERENTES LGBTI.

Durante a semana do 20 ao 24 de maio situouse no hall do centro o panel “Quen é quen?” onde se mostraban 24 rostros de referentes do colectivo LGBTI xunto cun listado de nomes e biografías. Invitouse á comunidade educativa a poñer en práctica os seus coñecementos sobre ditas persoas. O premio para aquela persoa que acadara máis acertos faríase co libro “50 queers que cambiaron el mundo. Un tributo a los iconos LGTBIQ+” de Dan Jones (2018).

I CICLO DE CURTAMETRAXES “A NOSA REALIDADE É DIVERSA”.

Ao longo de tres días proxectáronse nos recreos diversas curtametrasxes onde o nexo común era a temática LGBTI. Agradecemos ao alumando que e profesorado que participou ans proxeccións.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CORPORAL.

O xoves 24 de maio tivo lugar dous obradoiros de percusión  e percusión corporal co telón de fondo da diversidade e de crear novos espazos e novas maneiras de relacións baseadas no respecto e no coidado.

           

ACCIÓN TITORIAL

Pola súa banda, nas titorías da ESO traballouse sobre a guía de implementación elaborada por COGAM baixo o título "Taller de sensibilización frente al acoso escolar LBTB-Fóbico". Atención a la diversidad afectivo-sexual y de identidad de género".

O resultado final foi un traballo de investigación sobre a situación dos dereitos do colectivo LGBTI no mundo a partir de datos oficiais para tomar conciencia e reivindicar os dereitos humanos en todo o mundo.

  

 

ACTO CENTRAL DA CONMEMORIACIÓN “O SENTIR DA DIVERSIDADE”

Como peche a estas xornadas organizouse un recital poético a cargo de alumans e alumnos de diversos curso da ESO e de Bacharelato nos que recitaron fragmentos de poesías de autorías nas que tamén se quixo reivindicou o sentir das nosas verbas e das letras galegas. Ana Romaní, Antón Lopo, Andrea Nunes, Olalla Cociña, María Reimóndez e Eva Mejuto foron as e os autores seleccionados. Pódese acceder aos textos seleccionados aquí.

Para rematar o acto fíxose entrega dos premios dos concursos celebrados para tal ocasión.

I concurso de fotografía #anosarealidadeédiversa

1º Premio do público: “Sen título”. Áldara López Torres (1º Bacharelato)

2º Premio do Público:“O amor é o que sintes, non o que te dín” - Carla Martínez Serantes, Chaltu Estévez Domínguez e Ester Evelyn da Silva Gama (1º ESO)

Premio do xurado: “Regando a Tolerancia” – Silvia Bravo Pascual (1º ESO)

I Concurso de referentes LGBTI: Gañadora Silvia Bravo Pascual (1º ESO)

 

2024