Becas Universitarias

Novidades curso 2020-2021

BECAS CARLOS III DA UNIVERSIDADE DE MADRID

lineaPeq2.gif

Para o curso 2018-2019

punto5.gif Prazo de Presentación

   Ata o 15 de Outubro de 2018

lineaPeq2.gif

punto5.gif Tipos de Becas e Contía

1. Contías Fixas

  • Beca de Matrícula: O importe será o prezo público oficial que se fixe no curso 2018-2019 para os servizos académicos.
  • Contía fixa ligada á renda do estudante: Só para as familias que non superen o umbral 1 de ingresos. Neste caso, a beca será de 1.600€.
  • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500€.

2. Contía variable. O seu importe resultará da ponderación da nota media do estudante e da súa renda familiar, e determinarase mediante a aplicación dunha fórmula. É dicir, a mellores notas e menos ingresos, a contía da beca aumenta.

lineaPeq2.gif 

 punto5.gif Requisitos Académicos para o Curso 2018-2019

  • Primeiro Curso do GraoOs estudantes que se matriculen por primeira vez en 1º Curso de Estudos de Grao, deberán acreditar unha nota de acceso á Universidade de 5 puntos para a Beca de Matrícula e de 6,50 puntos para o resto das contías da beca, excluíndo sempre a cualificación obtida na fase específica da proba.
  • Seguintes Cursos do Grao: Os estudantes teñen dereito a Matrícula Gratuíta sempre que superen unha certa porcentaxe de créditos:

Rama do Coñecemento

Porcentaxe de Créditos a Superar

Artes e Humanidades

90 %

Ciencias Sociais e Xurídicas

90 % 

Ciencias da Saúde

80 %

Ciencias

65 %

Enxeñarías e Arquitectura

65 %

E para o resto das contías:

Rama do Coñecemento

Porcentaxe de Créditos a Superar

Ou ben, Superar a Porcentaxe de Créditos...

... e Obter unha Nota Media nas Materias Superadas de...

Artes e Humanidades

100 %

90 % 

6,50 puntos

Ciencias Sociais e Xurídicas

100 % 

90 %

6,50 puntos

Ciencias da Saúde

100 %

80 % 

6,50 puntos

Ciencias

100 %

80 % 

6 puntos

Enxeñarías e Arquitectura

85 %

65 % 

 6 puntos

NOTA: Os beneficiarios destas becas, deberán, ademais, superar como mínimo o 50% dos créditos ou materias nas que estivesen matriculados. No suposto de ensinanzas das ramas de Ciencias e de Ensinanzas Técnicas, a porcentaxe mínima a superar será do 40%. O incumprimento desta última obriga comportará o reintrego de todos os compoñentes da beca percibida, agás no caso da Beca de Matrícula.

lineaPeq2.gif

punto5.gif  Requisitos Económicos - Umbrais da Renda Familiar

Os umbrais da renda establecidos son os seguintes:

Familias de... Umbral 1 Umbral 2 Umbral 3
2 membros 7.278€ 22.594€ 24.089€
3 membros 10.606€ 30.668€ 32.697€
4 membros 13.909€ 36.421€ 38.831€
5 membros 17.206€ 40.708€ 43.402€
6 membros  20.430€ 43.945€ 46.853€
Dá dereito a....
Beca de Matrícula SI SI SI
Contía fixa asociada á renda SI NON NON
Contía fixa asociada á residencia SI SI NON
Contía variable SI SI NON

NOTA: Estas cantidades refírense á base impoñible do IRPF. Haberá que incluír tamén os bens do patrimonio, así como aplicar as posibles deducións (por exemplo, por familia numerosa).

lineaPeq2.gif

punto5.gif Máis Información nas seguintes páxinas web:

punto5.gif Cómo Solicitar a Beca, Trámites a Seguir...


 

 

2024