ESO - Materias
Organización dos tres primeiros cursos
1. En cada un dos tres primeiros cursos todo o alumnado cursará as seguintes materias:
- Lingua castelá e literatura.
- Primeira lingua estranxeira (inglés).
- Lingua galega e literatura.
- Ciencias sociais, xeografía e historia.
- Educación Física.
- Matemáticas.
- Ciencias da natureza.
2. No primeiro curso o alumnado cursará, ademáis, a materia de educación plástica e visual e segunda lingua estranxeira, e realizará un proxecto interdisciplinar.
3.No segundo curso o alumnado cursará as materias relacionadas no punto 1 e, ademáis, música, educación para a ciudadanía e os dereitos humanos, tecnoloxías e segunda lingua estranxeira.
4. A Consellería poderá establecer que a segunda lingua estranxeira non sexa materia obrigatoria para o alumnado que, tendo un desfase curricular, precise de apoios complementarios.
5. No terceiro curso o alumnado cursará as materias relacionadas no punto 1 e, ademáis, tecnoloxías, plástica, música e unha materia optativa.
6. No terceiro curso a materia de ciencias da natureza desdóbrase en bioloxía e xeoloxía por un lado, e física e química por outro. O profesorado avaliará por separado cada unha destas materias aínda que a citada materia de ciencias da natureza manterá o seu carácter unitario a efectos de promoción.
7. Organización do cuarto curso .
* Todo o alumnado deberá cursar neste curso as seguintes materias:
- Ciencias sociais, xeografía e historia.
- Educación ético-cívica.
- Educación física.
- Lingua galega e literatura.
- Lingua castelá e literatura.
- Matemáticas.
- Primeira lingua estranxeira.
* Ademáis das materias relacionadas no punto anterior, todo o alumnado deberá cursar tres materias de entre as seguintes:
- Bioloxía e xeoloxía.
- Educación plástica e visual.
- Física e química.
- Informática.
- Latín.
- Música.
- Segunda lingua estranxeira.
- Tecnoloxía.
* Todo alumnado cursará neste curso unha materia optativa de entre as seguintes:
- Obradoiro de iniciativas emprendedoras.
- Cultura clásica
* Os centros, coa finalidade de orientar a elección do alumnado, poderán establecer agrupacións destas materias en diferentes opcións.
* Horario
O número de sesións lectivas semanais de cada unha das materias da ESO é o que figura no anexo seguinte:
