Nueva Selectividad

ESTRUTURA DA PROBA
A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao estruturase en dúas fases denominadas respectivamente fase xeral e fase específica .
A Fase Xeral da proba ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe alcanzar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao.
Constará de cinco exercicios:
. Lingua Castelá e Literatura
. Lingua Galega e Literatura
. Historia de España ou Historia da Filosofía
. Lingua estranxeira
. Unha materia de modalidade do 2º curso do bacharelato
O estudante indicará a elección entre Historia de España e Historia da Filosofía, a Lingua estranxeira escollida entre inglés, francés, alemán, italiano ou portugués e a materia de modalidade da que se examinará na fase xeral.
A Fase Específica da proba, de carácter voluntario , ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretende cursar e permite mellorar a cualificación obtida na fase xeral.
Na Fase Específica cada estudante poderá examinarse de materias de modalidade do segundo curso de bacharelato que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a Fase Xeral.
O estudante indicará as materias de modalidade das que se examinará na fase específica e que, en todo caso, non poderán coincidir coa materia de modalidade escollida para a fase xeral.
Cada unha das materias se puntuarán de 0 a 10. Considerarase superada a materia cunha nota igual ou superior a 5 puntos.
Puntuación
As duass mellores notas multiplícanse por:
0,1 se son materias relacionadas co Grao que vas cursar.
As universidades poden subir este índice a 0,2 para aquelas materias MUY relacionadas co Grao correspondente.
Pinchade AQUÍ para ollar as ponderacións do SUG

Nota media do bacharelato... 7
Selectividade... 6
Nota Fase Xeral: 0,6*7 + 0,4*6 = 6,6
Fase Específica
1ª Materia de modalidade... 8
2ª Materia de modalidade... 7
Nota da Fase Específica: 0,1*8 + 0,1*7 = 1,5
...se o índice da materia vale 0,1 puntos
Pero se é do 0,2, entón:
Nota: 0,2*8 + 0,2*7 = 3
Nota Final de selectividade ...
No primeiro caso será: 8,1 (6,6 + 1,5)
No segundo caso será: 9,6 (6,6 + 3)
¡ ë por iso que tes que elixir ben as materias de modalidade !
Nueva Selectividad
View more presentations from sga1974.