Acceso a estudos universitarios oficiais

 

 

Para o acceso as ensinanzas universitarias é importante ter claro estes termos:

ACCESO > refírese a obtención dos requisitos para o ingreso na universidade. A nota de acceso é fixa, non varía dunha universidade a outra.

Desde BAC  :        Media da notas do BAC +  Media da Parte obrigatoria da ABAU

Desde CFGS  :      Nota media do Titulo de Tec Superior 

 

ADMISIÓN > refírese a acadar o acceso a un Grao determinado nunha universidade en particular, polo que a admisión pode ser diferente en diferentes universidades ao valorar diferente as materias das que te examinas na ABAU.Poderase obter notas de admisión diferentes en función dos graos e universidades que se soliciten.  

A nota de admisión pode ser a mesma que a de acceso, ou pode ser mellorada incorporando a nota ponderada dos exames realizados na parte voluntaria da ABAU. Poderá chegar a un máximo de 14 puntos.

 

NOTA DE CORTE > É a nota de admisión do último solicitante que se matriculou nun grao nunha universidade determinada . Esta nota é orientativa!

 

Na páxina da CiUG aparecen as notas de corte (cualificación do último alumno/a matriculado) para os títulos de grao do Sistema universitario galego (SUG)

 

 

flecha3.gifACCESO á universidade  desde o bacharelato: 

 Terase en conta 

  • calificación final obtida no bacharalato, cun valor do 60%

  • nota obtida na parte obrigatoria da ABAU (proba de acceso á universidade) , cun valor do 40%

 

 As  notas de acceso e admisión desde o bacharelato LOMCE  calcúlanse así:

 

NOTA DE ACCESO = 0,6 * NMB + 0,4 * CPO

NMB: nota media do Bac
CPO : Cualificación da parte obrigatoria da ABAU

 

NOTA DE ADMISIÓN = 0,6 * NMB + 0,4 * CPO + a * M1 + b * M2

NMB: nota media do Bac
CPO : Cualificación da Parte obrigatoria da ABAU
M1,M2: Cualificación dun máximo de dúas das catro materias das que se examinase o alumno/a na Parte Voluntaria e /ou da materia troncal de modalidade correspondente, que propocione mellor nota de acceso, unha vez aplicados os parámetros de ponderación.
a, b: parámetros de ponderacióndas materias da parte voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade que proporcionen mellor nota de acceso.

 

 flecha3.gifACCESO á universidade  para estudantes dos títulos de Técnico Superior de FP, Tec. Superior Deportivo ou Técnico Superior en Artes Plasticas e Deseño ,ou títulos equivalentes 

 

 O alumnado que estea en posesión dos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior Deportivo ou Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño ou títulos equivalentes, poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, sen necesidade de proba.

A súa Nota de Acceso á Universidade (NAU) será igual a Nota media da súa titulación  (NMTS).

NAU(≥ 5)=NMTS

NAU =  Nota acceso á Universidade 

MTS =  Nota media do Ciclo Formativo de Grao Superior

 

Aqueles que desexen aumentar a súa Nota de Acceso á Universidade (NAU), poderán presentarse á Parte Voluntaria da ABAU. Neste caso, a nota de admisión calcularase da seguinte forma: 

 

 Nota de admisión = NMTS + a * M1 + b * M2

 

NMTS =  Nota media do Ciclo Formativo de Grao Superior

M1, M2 = Cualificacións dun máximo de dúas das materias da Parte Voluntaria da ABAU que proporcionen mellor nota de acceso das que se examinase o alumno/a que proporcionen mellor nota de admisión.

 

 a, b = Parámetros de ponderación das materias da Parte Voluntaria da ABAU para o acceso á Universidade que proporcionen mellor nota de admisión.

De ser o caso, a nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Parte Voluntaria da proba ABAU no caso de que as devanditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido.

 

Así mesmo, poderán acceder a estudos universitarios:

- Estudantes estranxeiros en posesión de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados

- Persoas maiores de 25 anos que superen unha proba de acceso establecida

- Persoas maiores de 45 ano que superen unha proba de acceso establecida

- Estudantes en posesión dun título universitario oficiald e Grao, Master ou Tïtulo equivalente e/ou estudantes en posesión dun título universitario oficial de Diploma universitario, Arquitecto Tec, Enxeñeiro Tec, Licenciado, Arquitecto ou Enxeñeiro , correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias ou titulo equivalente. 

 

Neste enlace pódese consultar os criterios específicos para a adxudicación de prazas nas Universidades públicas do SUG - cota xeral  e cota de reserva (persoas con discapacidade ou nee, deportistas de alto nivel/alto rendemento,  maiore de 25 / 45 anos, titulados universitarios )