Universidade

 

Estrutura das Ensinanzas Universitarias

 estructura-eees.gif

 

GRAO 

 TÍTULOS DE GRAO >

As ensinanzas de Grao teñen como finalidade a preparación do estudante para o exercicio de actividades de carácter profesional.

Duración: 240 créditos repartidos en 4 anos .

Con algunhas excepcións : 5 cursos nas titulacións de Farmacia, Veterinaria, Odontoloxía e Arquitectura e 6 cursos en Mediciña.

Obtense o titulo de Grado en  ...  

“Grado en….. pola Universidade de …. por ex: Grado en Dereito pola Universidade da Coruña”

 

Tamén se pode realizar un Dobre Grao, dúas titulacións simultanemente, duración: 5 ou 6 anos.

Por ex: Física e Matemáticas, Bioloxía e Química, CC. Empresariais e Turismo, Dereito e ADE, Inglés e Español,...

 

POSGRAO 

 

 

TÍTULOS DE MASTER >

Para o estudantes que desexen continuar estudos para adquirir unha preparación profesional avanzada, as universidades imparten as ensinanzas de Master, cunha duración de entre 60 e 120 créditos, é dicir, entre 1 ou 2 anos.

 

Master Universitario en ……. pola Universidade de ….

 

DOUTORAMENTO >

 Trala superación dun grao e un master. Acádase unha formación avanzada en técnicas de investigación oonducentes a unha tese. 

 Obtense o título de Doutor

 

 organizacion-eu.gif

 

Organización do Plan de Estudos nas Ensinanzas Universitarias

 

 

Os plans de estudos contan cuns 240 créditos de formación teórico-práctica , que corresponden a 4 cursos. Algúns Graos poden ter más créditos: Mediciña (360), Arquitectura (330) , Farmacia (300), Odontoloxía (300), Veterinaria (300)

1 crédito ECTS (EUROPEAN CREDIT TRANSFER SYSTEM): 25-30 h de traballo

 Créditos ECTS, o crédito europeo, que equivale a unha dedicación do estudante entre 25-30 horas.

Esta unidade de medida permite valorar e incluir as horas correspondentes ás clases teóricas ou prácticas, as horas de estudo, as adicadas a seminarios, traballos, proxectos, e tamén as esixidas para a preparación e realización de exames e probas de avaliación.

 

 Nos plans de estudo haberá materias de estudo (anuais ou cuadrimestrais):

 

  •  BÁSICAS, compartidas por todas as titulacións pertencentes a unha mesma rama de coñecemento
  •  OBRIGATORIAS, deberanse realizar en función  da titulación e a universidade onde se estude. Definen a formación fundamental do Grao (teñen o 50/60% de peso no currículo da titulación)
  •  OPTATIVAS que teñen relación coa titulación que estás cursando e se elixen libremente segundo as preferencias de cada un.
  •  E o Proxecto final de carreira, que é un traballo que se realiza ó final da titulación e que se convirte nun requisito imprescindible para conseguir o titulo de Grao. Está orientado á avaliación das competencias do título.

 

flecha2.gif  ADMISIÓN  na universidade - A Preinscripción

1º /Para solicitar praza nas ENSINANZAS UNIVERSITARIAS DE GRAO é preciso realizar primeiramente unha solicitude de praza >> PREINSCRIPCIÓN

 

 No Sistema Universitario Galego (SUG) emprégase a “aplicación nerta” para realizar dita solicitude

 Nesta solicitude podense solicitar ata un máximo de  5 ensinanzas universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de ensinanzas universitarias autorizadas en máis dun centro.

 Non é obrigatorio solicitar o máximo de titulacións, é dicir, unha persoa pode solicitar unha única titulación do sistema universitario de Galicia.

  flecha1.gifimportante:  POÑER OS ESTUDOS DESEXADOS POR ORDE DE PREFERENCIA 

     A admisión faise de acordo coa orde solicitada e non se pode cambiar unha vez iniciado o proceso.

 

  Solicitude de praza noutras Comunidades - Distrito aberto

  Poderase solicitar praza en calquera Universidade do territorio Español. 

  Si estás interesado, é importante presentar unha única solicitude de preinscripción por Comunidade, a través de internet e achegar a documentación requerida . 

Na solicitude terase que relacionar, por orde de preferencia, o/s estudo/s que se desexan realizar entre os ofertados polas universidades de dita comunidade autónoma 

 

2º/ Despois da preinscripción é fundamental estar atento/a ás listaxes de admitidos e lista de espera ( a través de internet) 

  

3º / Proceso para matricularse : 

- Cando un alumno/a é admitido para matricularse na titulación da súa primeira preferencia , deberá facer a matricula, pois do contrario perderá todos os seus dereitos.

  Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumno/a solicitou en primeiro lugar ou en sucesivos no caso de se esgotaren as prazas ("peche")  das titulacións solicitadas nas primeiras preferencias.

- Se un alumno/a é admitido a matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá facer a matricula ou non:

  •  De facela, considerase que se decanta por esta titulación, e xa non terá oportunidade de cambiarse a outra titulación 
  • De non facela, poderá esperar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matricula nestas , o que se anunciará coa publicación des sucesivos listados de admitidos e de espera.

  Lugares para formalizar a matricula no SUG : 

  Universidade da Coruña         Universidade de Santiago de Compostela      Universidade de Vigo

 

 flecha2.gif Páginas web de Universidades.

Si deseas informarte sobre cómo accceder...

Asturias País Vasco Navarra Murcia Melilla Madrid La Rioja Galicia Extremadura Comunidad Valenciana Ceuta Cataluña Castilla y León Castilla la Mancha Cantabria Canarias Canarias Baleares Aragón Andalucía

flecha2.gif Consulta as notas de corte actuais no OrientaLine  !!!

 

lineaPeq4.gif

flecha2.gif Nas universidades privadas 

punto.gifCada universidade establece o seu propio proceso de admisión: entrevista personal, test psicotécnico, nota de  ABAU...

punto.gifConsultar os prazos de  admisión na Universidade en cuestión.

lineaPeq4.gif

 

 Alojamiento para estudiantes universitarios

Buscador de alojamiento universitario en toda España. Colegios mayores, residencias y pisos compartidos.

 http://www.dondememeto.com/

Buscador por provincias y filtros de Residencias de Estudiantes o Colegios Mayores.

 http://www.mastermas.com/Residencias/Index.asp