Bacharelato
No IES As Telleiras impártense dúas modalidades de Bacharelato:
- Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía
- Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais


Se estás interesado/a en matricularte na modalidade de Bacharelato de Artes, hai dous centros na comarca que imparten dita modalidade:
- IES Concepción Arenal (Ferrol) Bacharelato de Artes Plásticas
-IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol) Bacharelato de Artes (Música e Artes Escénicas)
Se estás interesado/a en matricularte na modalidade de Bacharelato Xeral, hai un centro na comarca que imparte dita modalidade: IES Saturnino Montojo (Ferrol)
PROMOCIÓN DE CURSO
O alumnado acadará a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando supere todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo.
O alumnado que consiga a promoción ao segundo curso con materias pendentes deberá matricularse delas e cursalas ao longo do curso.
O alumnado de primeiro de bacharelato que non cumpra as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade.
TÍTULO DE BACHARELATO
Para obter o título de bacharelato será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.
Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do titulo de bacharelato do alumnado que supere todas as materias excepto unha, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:
*Que o equipo docente considere que acadou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.
*Que non houbo inasistencia continuada e non xustificada por parte do alumno a esa materia.
*Que o alumno se presentou a todas as probas e realizou todas as actividades necesarias para a súa avaliación, incluidas as da convocatoria extraordinaria.
*Que a media aritmética das calificacións obtidas obtidas en todas as materias cursadas, que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se finaliza sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, a efectos de cálculo da calificación final da etapa, se considerará a nota numérica obtida na materia non superada.
O alumnado que ao terminar o segundo curso de bacharelato teñan avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou poderán optar, asi mesmo, por repetir o curso completo.
Co título da Bacharelao poderás acceder ás ensinanzas superiores: estudos universitarios de grao ou estudos de formación profesional de grao superior.