ESO

 

 

  PROMOCIÓN DE CURSO

punto.gifO alumnado promocionará de curso cando teña superadas todas as materias ou teñan avaliación negativa nunha ou en dúas materias como máximo (computan tamén as materias non superadas dos  cursos anteriores).

punto.gifExcepcionalmente, poderá autorizarse a promoción dun/dunha alumno/alumna con avaliación negativa en máis de dúas materias cando se cumpran todas as condicións seguintes:

* Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculado/a nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

* Que a suma dos períodos lectivos semanais das materias con avaliación negativa non sexa superior a dez. Non se  considerarán as materias pendentes nin horas de libre disposición.

* Que o equipo docente considere que as materias con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.

* Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

* Que o equipo docente considere que a promoción beneficiará a súa evolución académica.

O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso.Poderase permanecer no mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo no ensino obrigatorio.

 

punto9.gif TÍTULO DA ESO                                                                                                           

punto.gifObterás o título de ESO se superas todas as materias do 4º curso de ESO.  

punto.gif Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

*Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculado/a nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

*Que a xuízo do equipo docente o/a alumno/a adquirira as competencias clave.

*Que a xuízo do equipo docente o/a alumno/a alcanzase os obxectivos da etapa.

punto.gifCo título da ESO poderás acceder indistintamente a calquera das ensinanzas postobligatorias: Bachareto e Formación Profesional de Grao Medio.