#DesmontandoMicromachismos

A Concellería de Igualdade de Narón presenta a campaña de Sensibilización contra a violencia de xénero, que baixo o lema Desmontando Micromachismos impulsa unha serie de accións dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 18 anos dos centros de secundaria.

Nesta campaña participan dúas alumnas e un alumno de 1º de Bachareto do IES As Telleiras:         Lidia Rodríguez, Natalia Montero e Miguel Piñeiro, que colaboraron na campaña cedendo a súa     voz e imaxe para os vídeos, carteis e volantinas.

Nas contas de Instagram (@igualdade_naron) e Facebook (igualdade_naron) desta campaña, pódense utilizar os cancelos: #DesmontandoMicromachismos, lema da campaña, e tamén outros como: #CoartarNonÉProtexer, #PosuírNonÉAmar e #ControlarNonÉQuerer.

http://www.naron.es/web/cat/web/cat/es/noticias/get/3112/