Becas NON universitarias

Para o curso 2019-20

punto5.gif Prazo de presentación

... ata o 1 de Outubro de 2019

lineaPeq2.gif

punto5.gif Poden solicitar estas bolsas para algúns dos seguintes niveis:

  • Primeiro e segundo curso de Bacharelato
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas, deportivas, idiomas ...
  • Cursos de preparación para probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional Básica.
  • Etc.

 punto5.gif Tipo de bolsas e importe 

1. Importe fixo ....

  • Beca básica: 200 €
  • importe asociado á residencia durante o curso escolar: 1.500 €
  • importe asociado á renda : 1.600 €

2. Importe variable.  dependerá da nota media do expediente do estudante e da renda familiar e determinarase a través da aplicación dunha fórmula. É dicir, mellores notas e menos ingresos a cantidade aumenta.

 punto5.gif Requisitos académicos

Bacharelato: os estudantes de primeiro curso de Bacharelato deberán sacar unha nota media de 5,50 puntos no cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

E nos seguintes cursos deberán acreditar ,ter superado, polo menos, todas as materias do curso anterior, agás unha

FP G. Medio: Non se esixe nota mínima de acceso para obter beca. En posteriores cursos hai que superar, polo menos, un número de módulos que supoñan o 85% das horas totais do curso anterior.

 FP G. Superior: os estudantes de primeiro curso de ciclos formativos de grao superior deberán acreditar unha cualificación de 5,50 puntos, polo menos, en segundo curso de Bacharelato.

E en posteriores cursos ter superado, polo menos, un número de módulos que supoñan o 85% das horas totais do curso anterior.

Devolver o importe da Bolsa

Os beneficiarios de bolsas, deberán, ademais, superar como mínimo o 50 por 100 dos créditos ou materias nas que se matricularon. O incumprimento desta última obriga conleva o reintegro de todos os compoñentes da bolsa percibida.

 lineaPeq2.gif 

punto5.gif  Requisitos económicos - Umbrais de renda familiar

os umbrais de renda establecidos son seguintes:

Familias de... Umbral 1 Umbral 2 Umbral 3
2 membros 7.278 22.594 24.089
3 membros 10.606 30.668 32.697
4 membros 13.909 36.421 38.831
5 membros 17.206 40.708 43.402
6 membros 20.430 43.945 46.853
Que da dereito a ....      
Beca básica (200 €) NON SI SI
Importe fixo asociado á renda (1.500€) SI NON NON
Importe fixo asociado á residencia (1.500€) SI SI NON
Importe fixo asociado SI SI NON

NOTA: Estas cantidades fan referencia á base imponible do IRPF. Hai que incluir tamén os bens patrimoniais e  aplicar posibles deduccións: familia numerosa...

lineaPeq2.gif

Se tes dificultades…. non o dubides!, consulta esta calculadora de bolsas …

https://www.educacion.gob.es/simuladorbecas/formularioSimulacionVariable?idCurso=2019&secuenc=2

lineaPeq2.gif

punto5.gif Máis información nas web:

punto5.gif Como solicitar bolsas, trámites a seguir…

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1234