ABAU

 AVALIACIÓN BACHARELATO ACCESO UNIVERSIDADE

punto9.gif Farás exames  das materias comúns do bloque de asignaturas troncais de segundo curso de Bacharelato segundo a modalidade  elixida e da materia de Lingua Galega e Literatura.

  • Lingua castelá e literatura II
  • Primeira lingua estranxeira II
  • Historia de España
  • Lingua Galega e Literatura.

punto9.gif E unha materia da túa  Modalidade:

  • Matemáticas II
  • Latín II
  • Matemáticas aplicadas ás ciencias Sociais II
  • Fundamentos da arte II

punto9.gif  Puntuación

punto.gif Terás que sacar na proba polo menos un 4 sobre 10.

punto.gif E para a nota final terase en conta a media das materias cursadas no bacharelato (un 60%) e a nota da proba (un 40%). Esta media terá que ser polo menos un 5.

punto9.gif  Para subir nota, de 10 a 14 puntos

Os alumnos que desexen poderán  examinarse de dúas ou máis materias do bloque das asignaturas Troncais de Opción de segundo, esta cualificación servirá para mellorar a nota, nunca para empeorar. 

punto9.gif  Materias Troncais de opción segundo modalidade...

punto.gifCiencias:

  •  Bioloxía.
  •  Debuxo técnico II.
  •  Física.
  •  Xeoloxía.
  •  Química.

punto.gifHumanidades e Ciencias Sociais:

  •  Economía de  Empresa.
  •  Xeografía.
  •  Grego II.
  •  Historia da Arte.
  •  Historia da Filosofía.

punto.gifArtes:

  •  Artes Escénicas.
  •  Cultura Audiovisual II.
  •  Deseño.

punto.gifAs universidades poderán tamén  valorar a nota  obtida na materia troncal da modalidade da  parte obrigatoria da proba, ou sexa , de Matemáticas II, Latín II, etc.

punto.gifAs universidades poderán  valorar igualmente a nota obtida na segunda Lingua estranxeira II.

punto9.gif Terá validez para o acceso a calquera das universidades españolas. A parte obrigatoria da   proba terá validez indefinida e a  voluntaria só servirá nos dous cursos seguintes.

punto9.gif Hai dúas  convocatorias anuais , unha ordinaria e outra extraordinaria.