Universidade

 

flecha2.gif Acceso á universidade - A Preinscrición

Universidades públicas 

punto.gifDatas: Normalmente na 2ª quincena de xuño, despois da Abau.

punto.gifTes dereito a matricularte en calquera universidade española aínda que non sexa da túa comunidade.

punto.gifMOI IMPORTANTE! Só se pode presentar unha solicitude de preinscrición por comunidade. 

punto.gifPero podes solicitar unha  praza en todas as comunidades que queiras.

punto.gifDeberás  indicar, por orde de preferencia, a carreira e a  universidade escollida.

Como facer a solicitude?

punto.gifPodes presentar na universidade onde queres estudar, por Internet ou por correo certificado.

 flecha2.gif Páxinas web de Universidades.

Se desexas máis información de como acceder...

Asturias País Vasco Navarra Murcia Melilla Madrid La Rioja Galicia Extremadura Comunidad Valenciana Ceuta Cataluña Castilla y León Castilla la Mancha Cantabria Canarias Canarias Baleares Aragón Andalucía

flecha2.gif¡¡¡ Consulta as notas de corte actuais no OrientaLine  !!!

 

lineaPeq4.gif

flecha2.gif  universidades privadas 

punto.gifCada universidade establece o seu propio proceso de admisión: entrevista persoal, proba  psicotécnica, nota Abau...

punto.gifNon adoitan ter prazos  de admisión estritos, excepto nalgunhas carreiras de alta demanda.

lineaPeq4.gif

flecha2.gif Os novos plans de estudos universitarios teñen tres niveis

- Títulos de Grao,

- Máster e

- Doutorado

1. Títulos de Grao , 240 créditos, repartidos en catro años. Os 60 primeiros serán comúns en varias carreiras englobadas nun mesmo bloque, isto permite cambiar de carreira aprobado o primeiro curso.

Hai algúns graos que duran máis de 4 años. É o caso de Medicina: 6 anos. E Odontoloxía, Farmacia, Veterinaria, Arquitectura: 5 anos.

2. O Máster será unha titulación de especialización académica e profesional, dunha duración comprendida entre  60 e 120 créditos, que inclúe tamén un traballo final do alumno.

3. Quen teña aprobado os anteriores, poderá facer  o Doutoramento: investigación que leva a unha tese. Podería  durar entre tres e catro anos.

4. Certificación , se non vai moi ben os estudos na Universidade: Unha vez superados 120 créditos, "o estudante recibirá un Certificado de Estudos Universitarios Iniciais (CEUI), co que poderá acreditar o estudado".

 Aloxamento para estudantes universitarios

Buscador de aloxamento universitario en toda España. Colexios maiores, residencias e pisos compartidos.

 http://www.dondememeto.com/

Buscador por provincias e filtros de Residencias de Estudantes ou Colexios Maiores.

 http://www.mastermas.com/Residencias/Index.asp