Becas universitarias

Para o curso 2019-20

Prazo de presentación - ata  o 15 de outubro de 2019

lineaPeq2.gif

punto5.gif Tipos de bolsas e importe

1. Contías fixas. Serán as seguintes:

  • Bolsa de Matrícula

O importe da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos matriculados por primeira vez no curso.

  •  Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.600€

Só para as familias que non superen o umbral 1 de ingresos (Ver máis abaixo).

  • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar - 1.500€.

2. Contía variable

O seu  importe dependerá da nota media do expediente do estudante e da renda da súa familia  e  determinarase  aplicando unha fórmula. É  dicir, mellores cualificacións e menos ingresos a cantidade aumenta.

lineaPeq2.gif 

 punto5.gif Requisitos académicos:

- 1º curso de Grao:

Bolsa de matrícula: os estudantes deberán acreditar unha nota de acceso á Universidade de 5 puntos, excluída a cualificación obtida na fase específica. 

E un 6,50 para poder acceder á bolsa completa.

- Nos seguintes cursos de Graos

Teñen dereito á matrícula gratuíta:

Rama de coñecemento

Porcentaxe de créditos a superar

Artes e Humanidades

90 %

Ciencias Sociais e xurídicas

90 % 

Ciencias da Saúde

80 %

Ciencias

65 %

enxeñaría e arquitectura

65 %

E para o resto das contías:

Rama de coñecemento

Porcentaxe de créditos a superar

Ou ben superar o porcentaxe de créditos:

... e obter ademais unha nota media de:

Artes yeHumanidades

100 %

90 % 

6,50 puntos.

Ciencias Sociais e xurídicas

100 % 

90 %

6,50 puntos. 

Ciencias da Saúde

100 %

80 % 

6,50 puntos.

Ciencias

100 %

80 % 

6 puntos.

enxeñaría e arquitectura

85 %

65 % 

 6 puntos.

punto5.gif Devolver o importe da Bolsa

Os beneficiarios das bolsas, deberán, ademais, superar como mínimo o 50 por 100 dos créditos ou materias nas que se matricularon. No caso de ensinanzas das ramas de Ciencias e de Ensinanzas Técnicas, o porcentaxe mínimo a superar será do 40%.

O incumprimento desta última obriga suporá o reembolso de todos os compoñentes da bolsa  con excepción da bolsa de matrícula.

lineaPeq2.gif

punto5.gif  Requisitos económicos - Umbrais de renda familiar

NOTA: Estas cantidades refírense á base impoñible do IRPF. Hai que incluír tamén os bens  patrimoniais. E aplicar posibles deducións: familia numerosa...

Os umbraIs da renda establecidos son os seguintes:

Familias de... Umbral 1 Umbral 2 Umbral 3
2 membros 7.278 22.594 24.089
3 membros 10.606 30.668 32.697
4 membros 13.909 36.421 38.831
5 membros 17.206 40.708 43.402
6 membros  20.430 43.945 46.853
Que da dereito a ....      
Beca de matrícula SI SI SI
Contía fixa asociada á renda SI NON NON
Contía fixa asociada á residencia SI SI NON
Contía variable SI SI NON

 lineaPeq2.gif 

Se tes dificultades.... non o dubides!, consulta esta calculadora de bolsas ...

https://www.educacion.gob.es/simuladorbecas/formularioSimulacionVariable?idCurso=2019&secuenc=1

lineaPeq2.gif

 punto5.gif Mais información nas web:

punto5.gif Como solicitar a bolsa, trámites a seguir…

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1235