FP Básica

Formación Profesional Básica

punto1.gif Requisitos de acceso : FP Básica

  • Ter cumpridos quince anos, ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos de idade no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.
  • Ter cursado 3º da ESO, ou excepcionalmente ter cursado o segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria.
  • E ser proposto polo equipo docente.

punto1.gif Contidos...

... ensinanzas organizadas nos seguintes módulos:

  • Bloque de Comunicación e Ciencias Sociais I e II, que inclúe as seguintes materias:
    • Lingua Castelá
    • Lingua Estranxeira
    • Ciencias Sociais
    • Lingua Galega
  • Bloque de Ciencias Aplicadas I y II, que inclúe as seguintes materias:
    • Matemáticas Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional
    • Ciencias Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional
  • Módulos profesionais (do nivel 1 de FP) nos dous cursos.
  • Módulo de formación en centros de traballo.

punto1.gif Os criterios pedagóxicos estarán adaptados ás  características específicas do alumnado e  fomentarán o traballo en equipo.

punto1.gif A titoría e a orientación educativa e profesional terán unha especial consideración.

punto1.gif Duración. os ciclos terán 2 anos de duración. Os alumnos poderán permanecer cursando un ciclo de Formación Profesional Básica durante un máximo de catro años.

punto1.gif Titulación. Recibirán o título Profesional Básico correspondente. 

punto1.gif Acceso ao Título da ESO

Os alumnos que obteñan o Título de Formación Profesional Básica poderán obter o título da ESO, sempre que o equipo docente considere que teñen acadados  os obxectivos e competencias da ESO.

 

punto1.gif Permitirá o acceso aos ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional.

punto1.gif Nas seguintes actividades de FP ...

Actividade agraria, marítima      
Oficina, comercio, artes gráficas         
 Imaxe persoal, hostelería     
Electrónica, informática   
Vehículos                  
Edificación, mobles       
Fabricación, mantemento
Téxtil, vidro