FP G. Superior

 Se prefires  ter unha formación práctica…

Non o dubides… F.P. Grao Superior.

En dous anos obtés o Título de Técnico Superior.  

punto5.gif Hai unha gran variedade de títulos.

Onde se imparten? Como son?

Pincha no menú en…

  • OrientaLine

punto5.gif Saídas e Perspectivas

Hai títulos que teñen  boas perspectivas laborais.

punto.gifAos xa coñecidos,  relacionado con…

a empresa, a economía, o turismo, a tecnoloxía, a sanidade, a estética

punto.gifEngádense novos títulos, moi atractivos e modernos.

(a Formación Profesional está cambiando constantemente).

punto5.gif Algúns deles…

Técnico superior en …

  • Paisaxismo e medio rural
  • Transporte e loxística
  • Automatización e robótica industrial
  • Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
  • Xestión de aloxamentos turísticos
  • Estética integral E benestar
  • Animacións en 3D, xogos e entornos interactivo
  • Iluminación, captación e tratamento de imaxe
  • Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
  • Mecatrónica industrial  

punto5.gif Acceso á Formación Profesional de Grao Superior

 Cumprir os requisitos...

¡¡ Só se hai prazas suficientes !!

 punto.gifEstar en posesión do título de Bacharelato,

 punto.gifDun título universitario,

 punto.gifDun título de Técnico de Grao Medio

 punto.gifDe Técnico Superior de Formación Profesional,

 punto.gifOu dun certificado acreditativo de ter superadas todas as materias de Bacharelato.

 punto.gifOu ter superado unha proba de acceso, e ter 19 anos cumpridos no ano de realización da  proba.

punto5.gif Como é proba?

• Para presentarse á proba é necesario facer unha preinscrición. A data  da preinscrición comeza a mediados de abril e a data do exame será a finais de xuño.

• Ter cumpridos os 19 anos de idade no ano natural no que se realiza a proba.

• Ter cumpridos os 18 anos de idade ou cumprir no ano natural no que se fai a proba e estar en posesión dun Título de Técnico en Grao Medio da mesma familia profesional.

punto5.gif A proba consta de dúas partes :

• Parte Xeral: É común a todas as opcións e ten contidos das materias de Bacharelato:- Lingua Galega e Literatura, - Lingua Castelá e Literatura - Lingua Estranxeira (a elixir entre Inglés ou Francés). - Historia ou Matemáticas (a elixir unha)

• Parte Específica: - O aspirante deberá  acreditar as súas habilidades referentes ao campo profesional en cuestión.

punto5.gif Orde de prioridade

Cando non existan prazas suficientes no centro solicitado, terase en conta...
• a Modalidade de Bacharelato cursada
• a Nota media en Bacharelato
• ter cursado certas materias no  Bacharelato.