Benvido/a ao Blog de Orientación Torrente Ballester

ANO ESCOLAR 2024/2025

CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

        Natalia Rodríguez Camino Telf: 886159155

HORARIO ATENCIÓN A FAMILIAS: mércores de 16:00 ás 16:50 horas

 BECAS ENSINANZA POSTOBRIGATORIAS 25/26

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2256

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E SUPERIOR
 2024-25

A Xunta de Galicia convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de GRAO MEDIO

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

  • prazo de presentación: entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.
  • As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.
  • Estrutura e organización da proba

a) Parte sociolingüística:

– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica.
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.

  • Realización da proba: o día 15 de maio de 2025.

Probas de acceso a ciclos formativos de GRAO SUPERIOR

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

  • prazo de presentación: entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025. 
  • As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D. Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.
  • Estrutura da proba:

a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

  • Realización das probas: o día 24 de abril de 2025.

Máis información no DOG do 13 de febreiro de 2025 e en www.edu.xunta.es/fp 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250213/AnuncioG0761-040225-0003_gl.pdf

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO Convocatoria 2023-2024

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Convocatoria 2023-2024

Normativa

Orde de convocatoria. ORDE 6  XUÑO 2024

 Consulta un resumo da información da convocatoria na seguinte ligazón.

 Solicitudes

O prazo de solicitudes remata o  8 de xullo 

Para realizar unha solicitude hai que facer o seguinte:

1. Cubrir a solicitude:

Para facer a solicitude hai que entrar na aplicación PremiosEdu con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (facer clic na icona verde na esquina superior dereita desta páxina). Despois de acceder á aplicación PremiosEdu, hai que seleccionar a opción “Solicitudes” no menú da esquerda. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que hai que comprobar e/ou cubrir os datos persoais e de contacto, os datos académicos e os méritos a alegar. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Solicitudes”. Nesta lapela hai que premer no botón “Engadir” e completar o resto de información relativa á solicitude. Unha vez cuberta a solicitude hai que gardar o borrador da mesma para poder facer a presentación electrónica.

2. Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico:

Para asinar e facer a presentación electrónica da solicitude deberase acceder ao borrador da mesma na aplicación PremiosEdu e a continuación premer no botón “Presentar E Firmar En Sede Electrónica” que enlazará coa sede electrónica da Xunta de Galicia previa autenticación mediante Chave 365 ou certificado dixital.

Unha vez dentro da sede electrónica atoparase a solicitude xa cuberta xunto coa documentación que desexe aportar. A continuación, deberase achegar a documentación xustificativa así como a documentación para a cal non se autorizou a consulta por parte da administración.

Modelos de Probas anteriores enlace 

DATA DA PROBA: 4 de setembro de 2024

Dotación:  Concederanse un máximo de 20 premios dunha contía de 1.000 € por premio.

Orde pola que se actualiza a oferta de formación profesional para o curso 2024-2025
Xúntase a Orde do 11 de xuño de 2024 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024-2025.
Orde do 11 de xuño de 2024
Admisión FP 2024-2025
Instrucións xerais
Calendarios
Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 2025/2026 (UVIGO)

Tipo: Convocatoria de estudos de grao

Organismo convocante: Universidade de Vigo

Código: PROBAS.FISICAS.2025/2026

Data inicio solicitudes: 03/03/2025                Data fin solicitudes: 04/04/2025

Realización das probas: 15 Maio e 10 xuño

Enderezo formulario para solicitude online https://sede.uvigo.gal/

Convocatoria: https://fcced.uvigo.es/wp-content/uploads/2025/02/PROBAS-FISICAS-25-26.pdf_firmado.pdf

Descripción

O Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño, polo que se estable a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, permite, de xeito excepcional, a posibilidade de establecer avaliacións específicas de coñecementos e/ou de competencias.

O obxectivo das probas é o de garantir que a persoa aspirante presente unhas condicións físicas axeitadas e seguras para o aproveitamento do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Procúrase que o alumnado acredite a súa madurez en relación cos obxectivos do grao e as súas capacidades en relación co exercicio da profesión do deporte. A persoa aspirante será avaliada como APTA ou NON APTA.

A realización e, no seu caso, superación destas probas non exime do requisito de realizar a solicitude de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao do sistema universitario de Galicia baixo a coordinación da Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG).

Requisitos

Poderá participar calquera persoa interesada tendo en conta que, segundo a normativa básica dos procedementos de admisión as ensinanzas universitarias oficiais de grao, para optar a unha praza das ofertadas para iniciar os estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, haberá que estar en condicións de acceder a universidade como, persoas con título universitario, con título de formación profesional, persoas que superen a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2025/2026.

As persoas que foron cualificadas como aptas no curso 2024/2025, en probas de aptitude específicas para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, non están obrigadas a inscribirse e realizar as probas de novo, xa que a súa cualificación gárdase para a admisión ao curso académico 2025/2026. As persoas que resulten cualificadas como aptas nesta convocatoria 2025/2026 non terán que repetir as probas de aptitude na convocatoria seguinte, e dicir, no curso 2026/2027.

Quedan eximidos da realización das probas, pero non dos trámites de admisión sinalados no parágrafo anterior, as persoas que se acrediten como deportista de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

Documentacion

Xunto a solicitude presentarase a seguinte documentación :

- Resgardo de aboamento dos dereitos de exame e do pagamento do seguro de accidentes

- Fotocopia do documento de identidade (DNI/Pasaporte)

- Certificado médico expedido nun modelo oficial do colexio médico en data recente (máximo dous meses) no que conste literalmente e completo o seguinte texto: "Non existe ningún tipo de contraindicación que impida a realización de probas físicas de máximo esforzo". 

- Orixinal electrónico ou copia do certificado de condición legal con discapacidade expedido polo órgano competente da comunidade autónoma (non é válido o documento expedido polo INSS) e, de solicitala adaptación específica das probas establecida no apartado 3, un informe médico detallado sobre a discapacidade para a adaptación das mesmas.

- Documentación xustificativa en caso de bonificación o exención de prezos

O día das probas:

Todas as persoas aspirantes deberán asistir provistas do DNI ou documento equivalente.

Observacións

As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).

Silencio administrativo: Desestimatorio

BECAS MECD 2024-2025

 Becas e axudas a alumnos de niveles postobligatorios (Bacharelato e Formación Profesional)

Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO desde o 19/03/2024 ás 09:00 ata o 10/05/2024 ás 15:00 horas.

Becas e axudas 

Enlace

Becas, axudas, subvencións e premios para estudiar na Universidade

Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO desde o 19/03/2024 ás 09:00 ata o 10/05/2024 ás 15:00 horas

Estudios de Grao (UNIVERSIDADE)

Enlace 

TÍTULOS

TITULO DE  BACHAREL

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato deberá aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. Deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

MOI IMPORTANTE:

Non pagar as taxas sen antes asegurarvos que titulades.

A data de ingreso da taxa na Entidade Bancaria TEN QUE SER POSTERIOR á data da avaliación final ordinaria ou extraordinaria

*CONVOCATORIA ORDINARIA O pago farase o xoves, 16 de maio , xa que o venres é  a festividade Das Letras Galegas (ver os horarios das entidades bancarias para realizar pagos). de  ).Recoméndase a oficina ubicada na Rúa de San  Augusto Garc. Sanchez, Esq. San .José, 4, (praza dos Músicos)

*CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA O pago farase o venres día 14 de xuño

1º “Impreso de autoliquidación de taxas”  e cumprimentalo.

Os importes das taxas do título de bacharel son as seguintes:

Taxa normal - 54,00 €

Taxa familia numerosa de categoría xeral - 27,03 €

Taxa familia numerosa de categoría especial - 0 €

Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debe presentarse na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia del. 

MODELO

CÓDIGOS

ABAU

ABAU 2024

Na ABAU de 2024, os currículos estarán determinados, salvo instrución noutro sentido, pola Lei de Educación 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación (LOMLOE), así como polo Real Decreto 423/2022, de 5 de abril, polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas de bacharelato e o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 26 de setembro de 2022).

Datas e Horario ABAU 2024

A CIUG publicou as datas e horarios provisoiros da ABAU para as convocatorias ordinaria e extraordinaria de 2024.

CONVOCATORIA ORDINARIA4-5-6 de xuño de 2024 (martes, mércores e xoves).

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 2-3-4 de xullo de 2024 (martes, mércores e xoves). 

Horario ABAU 2024 CONVOCATORIA ORDINARIA

Cando existe coincidencia horaria entre dúas materias fanse os exames un a continuación do outro, co respectivo descanso dentro da aula.

Protocolo ABAU 2024

Vídeo ABAU 

Notas de corte 2024-2025

Ponderacións acceso ao curso 2024/2025

Alumnado con necesidades de apoio educativo ABAU

PROCEDEMENTO 

NORMATIVA

Solicitude de adaptación ABAU 

ANEXO I

ANEXO II

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024

DATAS MÁIS IMPORTANTES ABAU 2024

datas_mais_ importantes_abau.pdf

DATAS MÁIS IMPORTANTES , PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA 24

datas_mais_importantes_preinscricion_matricula.pdf

Convocatoria ordinaria e extraordinaria de matrícula para as ABAU 2024

enlace 

Impreso Prematrícula

enlace

Impreso Taxas alumnado procedente de Bacharelato

enlace

Impreso matrícula alumnado procedente de FP

enlace

Instrucións para realizar a matrícula anticipada a través de Nerta

enlace

NERTA en la pestaña matrícula: https://www.edu.xunta.es/nerta/

Vídeo de como activar la cuenta de usuario 

Vídeo de como cambiar la contraseña de la cuenta de usuario 

Anexo II (sedes Comisións Delegadas) CONVOCATORIA ORDINARIA

IES Gonzalo Torrente Ballester , sede Facultade de Comunicación. Campus de A Xunqueira. Pontevedra 

enlace

Publicación calificacións provisionais CONVOCATORIA ORDINARIA (a partir das 20:00 horas):13 xuño 

Solicitude de revisión das calificacións (ata as 14:00 horas do día fin de prazo):14 - 18 xuño CONVOCATORIA ORDINARIA

Publicación calificacións definitivas (a partir das 20:00 horas): 20 xuño CONVOCATORIA ORDINARIA

Envío por correo electrónico ao alumnado da Tarxeta de Calificacións provisionais:14 xuño CONVOCATORIA ORDINARIA

Envío por correo electrónico ao alumnado da Tarjeta de Calificacións definitivas21 xuño CONVOCATORIA ORDINARIA

Preinscrición da Convocatoria Ordinaria:19 xuño - 1 xullo (ata ás 14:00h)

Preinscrición e  matrícula SUG VIDEO 

Chamamentos de Matrícula nas Universidades do SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2024 

1º Prazo:   9  Xullo

Matrícula 10 – 11 Xullo

2º  Prazo: 15  Xullo

Matrícula:16 – 17 Xullo

3º  Prazo: 19 Xullo

Matrícula: 20 – 22

4º Prazo:  24  Xullo

Matrícula: 25 – 26 Xullo

5º Prazo: 29 Xullo

Matrícula: 30 – 31 Xullo

6º  Prazo: 3 Setembro

Matrícula: 4 – 5 Setembro

7º  Prazo: 10 Setembro

Matrícula:  11 - 12 Setembro

8º Prazo:  24 Setembro

Matrícula:  25 – 26 Setembro

9º Prazo: 11 Outubro

Matricula: 12 - 14 Outubro

CONVOCATORIA POR VACANTES (12 xullo a 13 de outubro): No caso de que se produzan vacantes en titulacións xa pechadas convocarase ao estudantado que lle corresponda, aínda que xa estean matriculados noutra titulación, para matricularse nos prazos de matrícula ordinarios (2ª, 3ª, 4º, 5º e 6º) ou nas convocatorias específicas (7ª, 8º, 9º, ....).

Anexo II (sedes Comisións Delegadas) CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

IES Gonzalo Torrente Ballester , sede  Escola de Enxeñaría Forestal. Campus de A Xunqueira. Pontevedra

Datas ABAU 2024:Convocatoria extraordinaria: 2,3 e 4 de xullo

Horario ABAU, convocatoria extraordinaria

Publicación calificacións provisionais CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (a partir das 20:00 horas):11 xullo

Envío por correo electrónico ao alumnado da Tarxeta de Calificacións provisionais CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 12 xullo

Solicitude de revisión das calificacións (ata as 14:00 horas do día fin de prazo) CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:12 - 16 xullo

Publicación calificacións definitivas (a partir das 20:00 horas) CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:17 xullo

Envío por correo electrónico ao alumnado da Tarjeta de Calificacións definitivas CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 18 xullo

Preinscrición da Convocatoria Extraordinaria (persoas que non solicitaron na ordinaria):17 a 22 xullo (ata ás 14:00h)

Publicados os resultados da 1ª asignación de prazas á universidade.

NOTAS DE CORTE 1º CHAMAMENTO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EN

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade de Santiago de Compostela

Cómpre realizar a matrícula desde un ordenador. Non é posible matricularse empregando un móbil.

Ao entrar por primeira vez no sistema cómpre ter coidado de non cambiar o contrasinal por un automaticamente xerado, pois detectamos numerosos problemas de alumnado que despois non é quen de entrar novamente ao descoñecer ese contrasinal.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2023/2024

Obxectivo:

Premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Bacharelato.

Destinatarios:

Alumnado que rematase os seus estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha determinada cualificación media.

Características:

Os alumnos e alumnas que obtivesen un Premio extraordinario de bacharelato:

Recibirán un premio en metálico.

Exención de pago de matrícula no primeiro curso da Universidade.

Optarán aos  Premios Nacionais de Bacharelato.

ORDEN de 19 de abril de 2024 por la que se convocan los premios extraordinarios de bachillerato correspondientes al curso 2023/24 (código de procedimiento ED311A).

Obxecto e finalidade: recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

Estes premios son compatibles con outros premios, bolsas e axudas para a mesma finalidade calquera que sexa a súa natureza ou entidade que a conceda. 1.000 € por premio.

As persoas que obteñan premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de solicitude, ao correspondente premio nacional.

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nesta, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 31.2 Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG núm. 111, do 13 de xuño).

Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>> (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

Realización da proba para a obtención do premio

1. O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

2. Serán admitidos/as á proba, condicionalmente, os alumnos e as alumnas que na data da súa realización estivesen pendentes de resolución de emenda da solicitude de inscrición.

3. A realización da proba terá lugar o día 19 de xuño de 2024 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal). A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá modificar a data de realización da proba por causas debidamente xustificadas.

4. As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

5. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

6. As persoas aspirantes con necesidades educativas especiais deberán facer constar a dita circunstancia na solicitude para que se poidan valorar as medidas de adaptación que se consideren necesarias e deberán achegar a documentación que acredite tal condición.

Estrutura da proba

1. A proba estruturarase en dúas partes:

1.1. Primeira parte, para desenvolver en tres horas:

1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario.

Para a resolución do exercicio será necesario usar as dúas linguas cooficiais, agás aquel alumnado que teña recoñecida a exención de avaliación na materia de Lingua Galega e Literatura que poderá realizar todo o exercicio en Lingua Castelá.

1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.

1.2. Segunda parte, para desenvolver nunha hora:

1.2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre as seguintes: Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.

2. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal, agás o exercicio de análise e comentario crítico que se puntuará con 20 puntos.

3. A puntuación de cada parte da proba obterase mediante a suma das puntuacións das materias que a compoñen.

4. A puntuación total será a suma das puntuacións obtidas en cada parte da proba. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter como mínimo 10 puntos no exercicio de análise e comentario crítico e 5 puntos en cada un dos demais exercicios da proba e 25 puntos ou máis na puntuación total.

5. O número de premios propostos non pode ser superior ao que resulte da aplicación do artigo 2 desta orde, polo que no caso de empate entre persoas candidatas se dará preferencia á mellor nota media a que se refire o artigo 3.b) desta orde; despois, á puntuación da primeira parte da proba e, finalmente, á puntuación da segunda parte desta. De persistir o empate, o tribunal realizará un sorteo.

A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na páxina de inicio da aplicación informática <<PremiosEdu>> (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu)

MODELOS DE EXAME DE CONVOCATORIAS ANTERIORES

Resolución do 5 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a establecer os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024:

Data de celebración: 19 de xuño de 2024

Alumnado centro de procedencia: IES Gonzalo Torrente Ballester

Lugar  de celebración da proba: CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

GUIA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2024-2025
Prazo de presentación de solicitudes: ABIERTO desde o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:
a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Segundo. Beneficiarios
Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta  ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Terceiro. Solicitudes
As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación  e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.
O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.
Cuarto. Compoñentes das axudas e contías:
-    Ensino: ata 862,00 euros.
-   Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
-   Comedor escolar: ata 574,00 euros.
-    Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
-    Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros
de educación especial: ata 442,00 euros.
-   Transporte urbano: ata 308,00 euros.
-  Libros e material didáctico:
Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros.
Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros.
-    Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha
delas.
-    Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00
euros
-    Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400
euros.
Quinto. Información sobre a tramitación da axuda
A información sobre o estado de tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, en o apartado "Os meus expedientes". Así mesmo, os interesados poderán dirixirse á unidade de bolsas da provincia correspondente identificándose como interesados no expediente co NIF ou NIE correspondente.
enlace

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2024

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Orde do 21 de decembro de 2023

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Información xeral

Calendario das probas de acceso

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Información xeral

Calendario das probas de acceso

Probas de acceso a CF de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e de exencións e sedes

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Mais información.

Os solicitantes que entrregaron a solicitude no IES Gonzalo Torrente Ballester o lugar de celebración da Proba de Acceso a Grao Superior de FP é o CIFP A Xunqueira (Pontevedra).

Máis información

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións provisionais Convocatoria 2024.

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior..Período de reclamación: do 29 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

CONVOCATORIA DE PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AOS ESTUDOS DE GRADO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, DA FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC), PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

Os prazos de matrícula para realizar as probas específicas de acceso serán os seguintes:

- Oportunidade do 13 de abril de 2024: desde o día seguiente á publicación desta resolución ata as 14:00 horas do 12-03-2024.

- Oportunidade do 18 de xuño (e 19 en virtude do número de aspirantes) de 2024: desde o 25-04-2024 ata as 14:00 horas do 28-05-2024. 

enlace 

 II XORNADA DE PORTAS ABERTAS TELECO

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da UVIGO celebra o vindeiro 11 de abril de 2024 de 16:00h a 18:30h a II Xornada de Portas Abertas Teleco, co obxectivo de presentar aos estudantes interesados e as súas familias os estudos de Enxeñaría de Telecomunicación.

En que consistirá?

Faremos un percorrido polas instalacións da EET (aularios, laboratorios, biblioteca, cafetería, …) mostrando o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no noso centro.

Todas as persoas que asistan poderán experimentar, coa guía do equipo de docentes e investigadores/as da Escola, a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación nos nosos laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, experiencia con drones e coñecer a nosa ampla experiencia en satélites, entre outras sorpresas.

Esta xornada celebrarase conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España.

Esperamos que esta actividade teña éxito para o que necesitamos da vosa axuda na difusión desta actividade entre o alumnado do voso centro educativo. Agradeceriamos moito que informedes ao voso alumnado desta actividade e os animedes a participar!

Para coñecer con anterioridade cántas persoas van asistir necesitamos que se realice unha inscrición no formulario que atoparedes na nosa web ou escaneando o QR que tedes neste documento.

https://teleco.uvigo.es/es/beteleco/ven-a-teleco/xornada-de-portas-abertas-de-teleco/

Inscríbete no seguinte formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc0XezQMLy2CyAglnCH2fwtlFcxQJVX2sj_CQqu5QWP2HgymQ/viewform?pli=1

FEIRA DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS E PROFESIONAIS 

O xoves 7 e o venres 8 de marzo, na Feira de Ensinos Artísticos e Profesionais  se celebrará no Museo Vermun (Casa das Palabras) de 9.00h a 14.30h.  a feira de Ensinanzas Arrtísticas e Prrofesionais

O acceso é libre. 

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Dirixida a alumnado de 2.º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro docente.
O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, por tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive. 

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito, que pertencendo a centro adscrito non reservara praza ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder, a non ser que renuncie á anterior indicándoo expresamente na nova solicitude. Poderanse pedir ata 6 centros por orden de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. 

Presentarase:

Na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar, ou ben  por medios telemáticos no enderezo  http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado .

Feria de Emprego You talent 2024

DOG 221 del 21/11/2023 - RESOLUCIÓN de 16 de noviembre de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso polo turno de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeneral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231121/AnuncioG0597-151123-0009_es.pdf

GIRA Jóvenes ‘Impulsa Tu Futuro’: la herramienta para preparar tu salto al mercado laboral

https://www.cocacolaep.com/es/al-dia/blog-rojo-y-en-botella/2023/gira-jovenes-impulsa-futuro-salto-laboral/

Se tes entre 16 e 30 anos, estás a estudar un FP de calquera rama ou modalidade, en calquera parte de España e queres mellorar a túa empregabilidade, aquí tes a ferramenta perfecta: XIRA Novas ‘Impulsa o teu futuro’, unha plataforma impulsada por Coca-Cola en colaboración coa entidade Talento para o Futuro. É unha plataforma de formación online accesible e efectiva que ten como obxectivo mellorar as competencias transversais e aumentar a empregabilidade dos mozos. 

A plataforma XIRA Novas ‘Impulsa o teu futuro’ é accesible e intuitiva, e dispón dunha interface personalizable que fai que o proceso de aprendizaxe sexa atractivo e fácil de seguir. Ademais, conta con ferramentas de matriculación libre e autoconsumo de contidos. 

O proceso de inscrición é libre e o único requisito é ser estudante de FP, algo que se verifica ao inscribirse. O curso consta de cinco temas principais en formato vídeo: Xestión de equipos e liderado, Falar en público, Capacidade para xestionar o tempo, CV e carta de motivación, e ODS e Axenda 2030.  

Ademais, cada tema conta cun dossier resumen de aprendizaxe co contido principal dos vídeos e recursos adicionais que poidan ser de utilidade ou interese . Ao finalizar cada vídeo, realízase un cuestionario de autoavaliación e dar acceso á descarga do dossier. Así de fácil e xa poderás ter o certificado de participación!

Edugal | Salón da oferta de educación e formación de Galicia

Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación. Días 4, 5 e 6 de outubro de 2023.

Recinto Feiral de Pontevedra .Entrada libre e gratuita.

HORARIO DO CERTAMEN

Mércores e Xoves: 10.00 a 18.00h
Venres: 10.00 a 15.00h

https://www.edugal.es/

O Ministerio de Educación e Formación Profesional lanza FP Conecta, a rede social da Formación Profesional | Ministerio de Educación e Formación Profesional

El Ministerio de Educación y Formación Profesional lanza FP Conecta, la red social de la Formación Profesional

02/10/2023

El Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) ha lanzado la plataforma virtual FP Conecta, que servirá de canal de comunicación de profesorado, alumnado, titulados de FP, centros, empresas y administraciones públicas vinculadas a la Formación Profesional. Esta nueva herramienta online permitirá compartir información de interés sobre oportunidades de formación en centros y empresas, ofertas de empleo, proyectos de innovación e iniciativas públicas y privadas en este ámbito.

Con esta plataforma, el MEFP pretende impulsar la creación de una gran red nacional e internacional conectada a tiempo real que asegure las relaciones entre sus usuarios para potenciar la formación y mejorar la empleabilidad, escenificar modelos de colaboración, hacer posible la transferencia de conocimiento y el intercambio de buenas prácticas, entre otros objetivos.

Cada usuario podrá crear su propio perfil, compartir su trayectoria formativa y su experiencia profesional, seleccionar aquellos contenidos acordes con sus necesidades y expectativas, publicar información de interés, así como conectar con otros agentes para generar flujos de comunicación.

Esta iniciativa se enmarca dentro del Plan de Modernización de la Formación Profesional del Gobierno de España diseñado en 2020 para garantizar un nuevo sistema de calidad, de acuerdo con las necesidades del mercado laboral actual y en el que todos los agentes implicados estén conectados.

FP Conecta ya está operativa en versión web (https://fpconecta.gob.es) y móvil (disponible en la App para dispositivos iOS y Android).

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2023/10/20231002-fpconecta.html

PRESENTACIÓN  para alumnado de 1º de Bacharelato que inicia o 2º curso no ano escolar 2024/2025

CURSO 2022-2023

Axuda 400    

BECAS E AXUDAS PARA BACHARELATO, FP E UNIVERSIDADE

PRAZO DE SOLICITUDES: DO 27 DE MARZO AO 17 DE MAIO

BOLSAS CURSOS DE INGLES EN IRLANDA (PRAZO ATA 19 DE ABRIL)

----------------------------------------------------------------------------------------

ABAU E ACCESO Á UNIVERSIDADE

DATAS ABAU 2023

  • ORDINARIA: 6, 7 e 8 de XUÑO
  • EXTRAORDINARIA: 11,12 e 13 de XULLO

PROBAS AVALIACIÓN PARA O ACCESO AO GRADO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

 

PROBAS DE ACCESO A CM e CS:

 

NOTA DA ÚLTIMA PERSA CONVOCADA A MATRICULA NOS DISTINTOS GRADOS

 

GRADOS DE LA UNIVERSIDAD  INTERNACIONAL DE LA EMPRESA (PRIVADA)

GRAO DE TRABALLO SOCIAL DA USC

 

 

 

 

CURSO 2021-2022

VIDEO INSCRIPCIÓN SUG

ADMISIÓN CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2022-2023

ADMISION  CICLOS FORMACION DUAL

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Aberto o prazo Becas alumnado con NEAE

Oferta de formación e traballo

GARANTIA XUVENIL (programa que pretende facilitar el acceso de las personas  jóvenes al mercado de trabajo)

Convocatoria PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

Bolsas grao da Fundación A Caixa

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE BOLSAS MEC

           PRAZO: 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022.

          Portal de BOLSAS https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

-----------------------------

PARAMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS PARA ABAU

--------------------------------

CONVOCATORIA PARA REALIZAR AS PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FP (MAIS INFORMACIÓN NA PAXINA DE FP)

 

CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA (CSHG)

ACCESO ÁS FORZAS ARMADAS A TRAVES DE QR    (NA PÁXINA DAS FORZAS ARMADAS TEDES MAIS INFORMACIÓN)

 

 Actividades ofertadas pola Concellaría de Xuventude

              https://xuventude.pontevedra.gal                       https://apuntate.pontevedra.gal/xuventude (inscrición on line)

Becas para alumnado con discapacidade: FP, GRADO, MASTER 

Becas alumnado con NEAE

BECAS MEC 2021-2022
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA - CALENDARIO DE ADMISIÓN

 

***********************************

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

=========================================================================

Outro video para facer a preinscripción e matricula al SUG

video sobre a preinscripción e matricula a través do NERTA

=============================================

 

CALENARIO ADMISIÓN CICLOS

VIDEO EXPLICATIVO PARA REALIZAR O PROCESO DE ADMISIÓN

================================================================

ADMISIÓN  NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 

ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS

Xornada informativa

===========================

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHERELATO 20-21

No seguinte enlace tedes todos os impresos e as instrucción de cómo cubrilos

COMO SOLICITAR O TÍTULO DE BACH E FACER A MATRÍCULA DA ABBAU

 

         

Guia universidades 2021-2022

Becas Fundación "la Caixa"  (Para estudiantes excelentes con pocos recursos de 2º de Bacharelato)

DATAS CLAVE

15 de abril de 2021 :Apertura de la convocatoria.

1 de junio de 2021: Cierre de la convocatoria.

14 de junio de 2021: Notificación de los resultados de preselección y convocatoria de entrevistas.

21, 22 y 23 de junio de 2021: Entrevistas de selección.

30 de junio de 2021: Comunicación del resultado final.

LABORA 2020  Oferta para Solicitar a formación  no ámbito da asistencia socio-sanitaria.

Se tes a ESO, e queres traballar, o seguinte enlace pode ser do teu interese

Formación Labora 2020  

=========================

 GUIA DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (SUG)

(Máis información na pax. universidade deste blog e impreso no departamento de orientación)

========================

FORZAS ARMADAS

(mais información na páxima Acceso ás forzas armadas )

========================

NOTAS DE CORTE 2020

encontros virtuais USC

CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERIA

======================

XUVENTUDE EN REDE

Accede aos programas municipais dirixidos á poboación nova (tamén podes acceder desde o apartado información de interese)  

================

VIDEO ABAU 2021

 

PRUEBAS ACCESO CICLOS FP

CALENDARIO

ORDEN CONVOCATORIA

INFORMACIÓN PROBAS CS

INFORMACIÓN PROBAS CM

GUIA DE MATRICULA

LIGAZÓN Á APLICACIÓN INFORMÁTICA

________________________________________________________________

  ABAU

Protocolo ABAU 2021

https://ciug.gal/PDF/PROTOCOLO_ABAU_2021.pd

 

  • MODELOS EXAMES ABAU

https://ciug.gal/gal/modelos-de-exame-abau-2021

  • MODELOS EXAMES ABAU

https://ciug.gal/gal/modelos-de-exame-abau-2021

  • DATAS PROVISIONAIS DOS EXAMES:

Ordinaria: 8-9-10 XUÑO
Extraordinaria: 13-14-15 XULL

  • NOTAS DE CORTE 2020 GALICIA

                                                https://ciug.gal/PDF/notascorte2020.pdf

           

  • PONDERACIÓNS 2020-2021

https://ciug.gal/PDF/poderacions.pdf

 ___________________________________   

BECAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS  20-21

https://fundaciondadoris.org/

            ___________________________________

PONDERACIÓNS 2020-2021

https://ciug.gal/PDF/poderacions.pdf

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR  

BOLSAS E AXUDAS DO MEC

O CURSO 2020-2021

PREINSCRICIÓN NERTA

DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN CON INDICACIÓNS PARA A PREINSCRICIÓN NO NERTA E MATRÍCULA NO SUG. Agardamos vos resulte de utilidade.

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

ADMISIÓN

MATRÍCULA

Admisión a ciclos formativos de formación profesional.

1ª adxudicación ordinaria.

Convocatoria 2020/2021

Publicación das listaxes definitivas de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

Aberta a preinscrición en ensinanzas universitarias de grao do sistema universitario de Galicia.

Prazo: do 14 de xullo ao 28 de xullo ás 14:00.

MATRÍCULA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

O prazo de solicitudes de admisión na Formación Profesional para o curso 2020/2021 comeza o 25 de xuño


NOVAS DATAS PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO

RESOLUCIÓN DO 24 DE MAIO DE 2020

Como futuro estudante de ensinanzas postobrigatoiras deixámosvos unha Guía de Estudos Superiores publicada pola Voz de Galicia xunto coa proposta da Universidade da Coruña, a cal nos achega o enlace das Xornadas de Portas Abertas de xeito virtual para acompañarvos no camiño de elección do voso futuro universitario amosándovos a súa oferta académica:

Un mundo de oportunidades que agardamos vos resulten de utilidade.

Xa podedes consultar na  web da CIUG: a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

Convocatoria ordinaria ABAU 2020

Resumo da convocatoria ordinaria 2020

Instruccións ABAU 2020

INSTITUTO NACIONAL DE CIBERSEGURIDADE (INCIBE) PÓN Á DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS O 017, LÍÑA DE AXUDA EN CIBERSEGURIDADE PARA MENORES, EDUCADORAS/ES, FAMILIAS E PERSOAS TITORAS.

ESTE NÚMERO DE MARCACIÓN CURTA É DE BALDE E CONFIDENCIAL E ESTÁ DISPOÑIBLE TODOS OS DÍAS DO ANO DE 09:00 A 21:00 HORAS.

Tras as os resultados  á enquisa formulada ao alumnado de 4º ESO, deixámosvos unha rápida presentación sobre os diferentes itinerarios formativos, para que poidades ir barallando as opcións que se vos poden presentar unha vez rematado este curso.

Agardamos vos sexa de axuda!

Aproveitamos para deixarvos as achegas  das gravacións das charlas das titulacións e os chats das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC 2020 (XPAV), celebradas os días 23 e 24 de abril

Últimas novidades da CIUG

Novos modelos de exame de ABAU 2020

Instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación do bachillerato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/2021

 

A Fundación Meniños, coa colaboración do Concello de Pontevedra, acaba de activar unha liña telefónica específica na cidade de Pontevedra.

Un equipo profesional formado por un psicólogo, unha traballadora social e unha educadora atenderán á cidadanía no número de teléfono 678 75 49 33, de luns a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 horas

 A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia realizarase os días 7, 8 e 9 de xullo.

       * Lembrade que as datas poden ser modificadas.

  • Por outra banda, informarvos de que a Universidade de Santiago de Compostela ten programados uns encontros virtuais para os días 6, 7 e 8 de Abril.   *AVISO: Esta páxina estará operativa a partir do sábado 4 de Abril.

 

 

Tamén podes consultar as seguintes páxinas web para complementar o material que che proporciona o teu profesorado

  punto9.gif Materiais educativos da rede

       Aulas Galegas. Material Educativo

     Espazo Abalar: Repositorio de Contidos Educativos

     Materiais e Recursos Educativos online: #AprendoEnCasa MEC

 

Despois de estes días de cambio, desde o  Departamento de Orientación queremos proporcionarche uns consellos para axudar a que vos organicedes  e  sobrelevar esta corentena da mellor maneira posible, agardamos que vos sexan de utilidade.

E non esquezades que, ante calquera dúbida, podedes poñervos en contacto comigo no seguinte correo electrónico nievesas@edu.xunta.gal

Aproveitamos tamén para achegarvos as indicacións da consellería

punto9.gif Novas Instrucións en relación co COVID-19 

punto9.gif Pautas para unha mellor organización do teu día a día

          Método de estudo "Pulsera"

         Axenda para adolescentes confinad@s

         Recomendacións básicas para a convivencia

         Táboa de adestramento en casa
 

    

punto9.gif  No menú atoparás unha ferramenta moi útil...

  • O OrientaLine: Que estudar? Onde estudar? 

punto9.gif  Así como información sobre...

  • A Universidade: a Preinscrición, a Selectividade.
  • ESO, Bacharelato, FP …
  • Y se estás á procura dunha Beca

 

   Resolucións respecto das probas para a obtención dos títulos de ESO e BAC

       Ponderacións das materias - Curso 2019/2020

       Notas de corte - Curso 2019/2020

     Información Importante para Acceso a Ciclos