FP Grado Superior

Acceso á Formación Profesional de Grado Superior 1. Título de Bachillerato. 2. Mediante proba de acceso, se non tes o bachillerato. ACCESO MEDIANTE PROBA ? Para presentarse á proba é necesario facer unha preinscripción. A data de preinscripción comeza a mediados de abril e a data do exame será a finais de Xuño. ? Ter cumpridos os 19 anos de idade no ano natural en que se realiza a proba. ? Ter cumpridos os 18 anos de idade ou cumprilos no ano natural en que se realice a proba e estar en posesión dun Título de Técnico en Grado Medio da mesma familia profesional. A proba consta de dous partes : ? Parte Xeral: É común a todas as opcións e ten contidos das materias de Bachillerato: - Lingua Castelá e Literatura - Lingua Estranxeira (a elixir entre Inglés ou Francés). - Historia ou Matemáticas (a elixir unha) ? Parte Específica: - O aspirante debe acreditar as súas capacidades referentes ao campo profesional de que se trate. Quedarán exentos aqueles que superen un Ciclo Formativo de Grado Medio da mesma familia profesional, Ou acrediten unha experiencia laboral, de polo menos 1 ano, que se corresponda cos estudos profesionais que se desexen cursar. Cando non existan prazas suficientes no centro solicitado, terase en conta a nota media do expediente académico referido ás modalidades e materias vinculadas para cada título. 2024