SELECTIVIDADE

A proba de acceso á universidade, (PAU), pretende valorar: Madurez académica, coñecementos adquiridos e capacidade para seguir estudios universitarios.[/b


Constará de dúas partes :

A primeira parte é de carácter xeral. Comprenderá cinco exercicios, relacionados con materias de 2º de Bacharelato, de hora e media de duración cada un:
-Comentario de un texto de Lingua e Literatura Castelá
-Comentario de un texto de Lingua e Literatura Galega
-Comentario de un texto de Historia ou de Filosofía, (a elexir polo alumno).
-Traducción sen diccionario e comentario de un texto de Lingua Estranxeira. ( Inglés, Francés, Alemán ou Portugués).
-Comentario de un texto correspondente á unha materia propia da modalidade elexida polo alumno en 2º.

Cualificación: Cada exercicio cualifícase de 0 á 10, hasta dous decimales. A media aritmética dos cinco exercicios terá que ser un 4 , como mínimo, para seguir sumando.
A cualificación total da 1ª Parte: 40% da media anterior + 60% da media do Bacharelato. O aprobado será un resutado de 5, como mínimo.

Parte específica e voluntaria. Constará de dous exercicios, como mínimo, correspondentes a dúas materias propias de modalidade, de 2º de Bacharelato, (distintas a da 1ª parte), escollidas polo alumno, ainda que non perteneza algunha a súa modalidade cursada. Pode examinarse de máis de dúas, contaránselle as dúas cualificacións máis altas obtidas e relacionadas coa vía da acceso elexida.
A multiplicación dos resultados polos índices de ponderación, 0.1 ou 0,2, depende da maior ou menor relación de cada unha das materias coa vía de acceso e cos correspondentes grados universitarios. ( Ver “Ponderación-Galicia”, no menú).
A cualificación dos exercicios é de 0 á 10 puntos, con dous decimais.

Puntuación da proba específica: É a suma resultante das dúas cualificacións obtidas, previamente multiplicadas, cada unha delas, polos correspondentes índices de ponderación. A puntuación posible á engadir á primeira parte vai de 0.5 á 4 puntos.

Puntuación Total da Proba de Acceso: É a suma da cualificación da primeira parte e a da segunda, resultando unha escala de acceso que vai de 5 á 14 puntos.

O alumno/a pode solicitar a revisión das súas cualificacións ante a Comisión das PAU e ante o Presidente do Tribunal das mesmas, no prazo de tres días, dende a comunicación dos resultados, no primeiro caso e no prazo de outros tres días, no segundo.
Na primeira revisión prevalecerá a cualificación máis alta resultante; na segunda correción, a cualificación será a media das dúas obtidas en ambas revisións.

Haberá dúas convocatorias anuais. O alumno/ poderá presentarse hasta catro veces.

Os resultados da primeira proba teñen unha validez indefinida, os de especifica, dous cursos académicos.

A non superación da parte específica non repercute nos resultados da parte xeral. 2024