Páxina inicial

BENVIDOS!. Este é o Blog do Departamento de Orientación. Dirixido a alumnos, profesores e familias. Iráse renovando en algunhas das súas partes, segundo os cambios e as necesidades. Importante, como en Internet, seleccionar, para asimilar ben, aquilo que nos interesa. Pulsando no menú ou nos correspondentes data/uploads alcóntrase información moi útil e pertinente sobre a actividade escolar en xeral. Se vou mal en 2º de ESO Se suspendo 2º de ESO (máis de 2 ou 3 materias pendentes) podo: -Repetir segundo (se non estou repetindo). -Cursar terceiro de Diversificación. -Incorporarme a un Programa de Cualificación Profesioal Inicial que me permita opter o título de ESO, ou ben un certificado académico en algún módulo de FP. Optativas en 4º de ESO. Terás que pensalo ben antes de elixir as materias. Matemáticas A, máis sinxelas; Matemáticas B, máis difíciles e máis necesarias para seguir estudios de Bacharelato de Ciencias-Tecnoloxía. Posibles itinerarios: Opción A Física e Química + Bioloxía e Tecnoloxiía + unha materia a elixir entre Informática e Segunda Lingua Estranxeira. Opción B Latín + Música + unha materia a elixir entre Informática e Segunda Lingua Estranxeira. Opción C Tecnoloxía + Educación Plástica e Visual + unha materia a elixir entre Informática e Segunda Lingua Extraxeira. Se vou mal en 4º de ESO Se suspendo 4º de ESO podo facer: -Repetir curso, (se non repetiches máis de unha vez en toda a etapa ESO), con outras optativas máis fáciles. -Pasar a Diversificación de 4º de ESO. -Facer un Programa de Cualificación Profesional Inicial. -Deixar o Centro por unha escola-taller: soldadura, carpintería... Promoción de curso na ESO Repitirás curso se suspendes máis de 2 materias. Excepcionalmente, poderás pasar con tres, se o equipo docente o considera oportuno. Haberá que recuperar as materias con avaliación negativa: os alumnos seguirán un programa de reforzo e deberán superar a avaliación correspondente a ese programa. Quen non promocione poderá repetir o mesmo curso unha sola vez e dúas veces en toda a etapa. (Pódese repetir dúas veces 4º de ESO se nunca se repetiu curso). 2024