CONDICIÓNS DO ESTUDIO

Mellorar o estudio .

A aprendizaxe é un proceso contínuo o longo da vida, de diversas formas.

Na adolescencia baséase na escolarización onde interveñen o estudio do alumno, a información recibida no centro escolar e no medio ambiente.

No estudio influen: a motivación persoal e a ambiental. Ambos aspectos, sintetizando moito, están relacionados coas preguntas, por qué e para qué estudiar?. A motivación está unida a intereses que compre despertar, seleccionar e encauzar, concretándoos en obxetivos a alcanzar, acordes coa idade e coas posibilidades de cada cal.

O alumno debe ir aprendendo varias habilidades e destrezas como son: os métodos adecuados de estudio, a planificación do tempo de estudio, saber buscar e manexar adecuadamente a información, saber expresarse ben por escrito e oralmente, saber relacionarse e colaborar activa e creativamente no grupo, ser perseverante, acostumbrarse a facer as cousas ben. Aprender a analizar a información recibida, comparándoa e relacionándoa co que xa sabe, para asimilala ben, para correxila ou para completala, ( actitude crítica e creativa ).

As condicións físicas comprenden as do propio alumno, ( alimentación, sono, vida sana) e as do seu contorno, (lugar de estudio, iluminación, medios, ruidos, etc.).

O lugar de estudio debe ter unha mesa e sela, boa iluminación e ventilación, libre de ruidos, con unha temperatura ambiente en torno a 18 grados centígrados.

Debe facer un plano de estudio, onde figuren as horas de estudio e distribución para cada materia a fín de seguilo diariamente na súa casa. Necesítanse 2 ou 3 horas diarias ou máis, segundo o curso, con un ou dous intervalos curtos de descanso.

O cultivo da lectura é unha das mellores destrezas básicas para aprender.

A alimentación sana e equilibrada, (variada), evitando o exceso de grasas, sal e azúcares disacáridos, tomando, aproximadamente, as seguintes proporcións: 55% de hidratos de carbono,(pan, patacas, cereales, arroz...); 20% - 25% de grasas; 15 - 20% de proteinas, ( carne, pescado, ovos, lácteos, legumes...). Minerales e vitaminas, (frutas, verduras e en demáis alimentos).

Reparto de calorías por comida/día: 25%, almorzo; 30% - 40%, comida; 10 – 15 %, merenda e 20%- 30%, cea. ( Polas mañás hai que adicar, o menos, 15 minutos para almozar ben. Non se debe acudir o colexio nunca sen comer algo pola mañá).

Hai que dormir 8 horas, como mínimo, na adolescencia, procurando deitarse, máis ou menos, a mesma hora. Nas demáis horas de descanso e ocio deben adicarse algunhas a actividades deportivas, especialmente os fíns de semana.

A axuda dos pais debe dirixirse o fomento de un ambiente familiar adecuado, facilitándolle os fillos, segundo as posibilidades, os recursos materiales necesarios para que se alcontren en unhas situacións de estudio adecuadas.
Vixilando a alimentación e o descanso, especialmente dos 12 ós 16 anos.
A TV nunca debe roubarlle horas o traballo e é ben predicar co exémplo para que os fillos o comprendan mellor.
Animálos e axudalos nas horas baixas, fomentar nos fillos unha obxetiva, (razoable), confianza en se mesmos, estimulándos a conseguir unhos obxetivos acordes coas súas capacidades, valorar a súa tarefa escolar, manter contactos periódicos cos seus profesores, etc.

2024