P.DIVERSIFICACIÓN

Programas de diversificación curricular .
En 3º e 4º da ESO

Poderán facelo os que, unha vez cursado segundo, non estean en condicións de promocionar a terceiro e repitiran xa unha vez na etapa. Requírese a avaliación positiva do equipo de avaliación e, previamente, o parecer e consentimento do propio alumno e da súa familia.

Incluirán dous ámbitos específicos,

- un deles con elementos formativos de carácter lingüístico e social,
- e outro con elementos formativos de carácter científico-tecnolóxico e, polo menos, tres materias das establecidas para a etapa non contempladas nos ámbitos anteriores.

O ámbito lingüístico e social incluirá, polo menos, os aspectos básicos do currículo correspondentes ás materias de Ciencias sociais, Xeografía e historia, Lingua castelá e literatura e, Lingua galega e literatura. Lingua estranxeira
O ámbito científico-tecnolóxico incluirá, polo menos, os correspondentes ás materias de Matemáticas, Ciencias da natureza e Tecnoloxías.

Estos programas constituen unha medida meramente pedagóxica, adaptada ás características do alumno/a con certas dificultades, para así posibilitar máis o logro dos obxetivos finais da etapa E.S.O. En nengún caso supón unha mengua ou minoración, para todos os efectos, no valor da titulación obtida no caso de superar os obxetivos finais da etapa o rematar 4º curso, como é lóxico. O título é único para todos e para cada un dos alumnos/as que o obteñan. Habilita por igual para seguir estudios do nivel inmediato superior.O consello orientador de seguir ou non unha determinada opción,ó remate da E.S.O., ha de basarse na análise, no seu momento, de moitas variables; sí, tamén o historial académico previo, ainda que por se mesmo non pode ser determinante.
O Alumno/a adscrito a estos programas pode volver ó currículo común do respectivo curso se o equipo docente o considera máis adecuado.



2024