UNIVERSIDADE

As licenciaturas e diplomaturas desaparecen para ser substituídas por:
- Títulos de Grado,
- Máster e
- Doctorado

1. Títulos de Grado , 240 créditos, repartidos en catro anos .
Os 60 primeiros serán comúns en varias carreiras comprendidas nun mesmo bloque, o que permitirá cambiar de carreira en calquera momento.
Cada Grao rematará con un traballo fin de Grao.

2. O Máster será unha titulación de especialización académica e profesional, dunha duración de entre 60 e 120 créditos, entre os que se inclúe tamén un traballo final do alumno.

3. Quen superen os anteriores, poderán facer o Doctorado : investigación conducente a unha tese. Podería durar entre tres e catro anos.

4. Qué é un crédito?

Trátase de unha medida común aplicable no ámbito europeo para cuantificar a duración dos estudios universitarios. Un crédito equivale a 25 - 30 horas e inclúe horas de clase, de asistencia a seminarios, de traballos realizados polo alumno relativos os estudios que cursa. Será de aplicación tanto para estudiantes como para profesores e funcionarios relacionados con este nivel.

5.Certificación , se che vai mal na Universidade:
Unha vez superados 120 créditos, o estudante recibirá un Certificado de Estudos Universitarios Iniciais (CEUI), co que poderá acreditar o estudado. Isto vai a posibilitar a saída e entrada dos estudantes do mundo laboral á universidade.

Establécense cinco ramas de coñecementos



1. Artes e Humanidades
2. Ciencias
3. Ciencias da Saúde
4. Ciencias Sociais e Xurídicas
5. Ingeniería e Arquitectura



¿ Onde se estudan ? Curso 2008/09




2024