SELECTIVIDADE

A proba de acceso á universidade, (PAU), pretende valorar: Madurez académica, coñecementos adquiridos e capacidade para seguir estudios universitarios.

Constará de dúas partes :

A primeira parte é de carácter xeral. Comprenderá cinco exercicios, relacionados con materias de 2º de Bacharelato, de hora e media de duración cada un:
-Comentario de un texto de Lingua e Literatura Castelá
-Comentario de un texto de Lingua e Literatura Galega
-Comentario de un texto de Historia ou de Filosofía, (a elexir polo alumno).
-Traducción sen diccionario e comentario de un texto de Lingua Estranxeira. ( Inglés, Francés, Alemán ou Portugués).
-Comentario de un texto correspondente á unha materia propia da modalidade elexida polo alumno en 2º.

Cualificación: Cada exercicio cualifícase de 0 á 10, hasta dous decimales. A media aritmética dos cinco exercicios terá que ser un 4 , como mínimo, para seguir sumando.
A cualificación total da 1ª Parte: 40% da media anterior + 60% da media do Bacharelato. O aprobado será un resutado de 5, como mínimo.

Parte específica e voluntaria. Constará de dous exercicios, como mínimo, correspondentes a dúas materias propias de modalidade, de 2º de Bacharelato, (distintas a da 1ª parte), escollidas polo alumno, ainda que non perteneza algunha a súa modalidade cursada. Pode examinarse de máis de dúas, contaránselle as dúas cualificacións máis altas obtidas e relacionadas coa vía de acceso elexida. 2024