FP GRADO MEDIO

Acceso á Formación Profesional de Grado Medio.
1. Título de Graduado en E S O.
2. Mediante proba de acceso e ter 17 anos.
3. Ter superado o curso específico para acceso á CGM(e 17 anos).
4. Ter superados os módulos obrigatorios de un PCPI(e 17 anos).

ACCESO MEDIANTE PROBA
Para presentarse á proba é necesario facer unha preinscrición, cando se publiquen os prazos. A data do exame, dous meses despois, aproximadamente.
Ter cumpridos 17 anos de idade no ano natural en que se realiza a proba.

A proba consta de tres partes :
Sociolingüística, Matemáticas e Científico-técnica .

-Cada parte cualifícase de 0 á 10. con dous decimales. A cualificación total é a Media aritmética das tres, equivalendo o aprobado á un cinco . As puntuacións mínimas de cada un dos tres exámes ten que ser, ó menos, de catro puntos, para poder seguir puntuando.
--------------
-Exención de algunha das partes: O aspirante debe acreditar as súas capacidades referentes ao campo profesional de que se trate. Quedarán exentos da parte da proba que proceda aqueles alumnos que superen os módulos obligatorios correspondentes dun programa de cualificación profesional inicial,
Ou acrediten unha experiencia laboral, de polo menos 1 ano, que se corresponda cos estudos profesionais que se desexen cursar.

O curso específico para a proba de acceso ós CGM consta de unhas 700 horas; superalo supón superar esta proba.

Cando non existan prazas suficientes no centro solicitado, terase en conta a nota media do expediente académico do alumno/a.



(Máis en todofp : http://todofp.es/ )

2024