ESO - Materias

 COMO É A SEGUNDARIA OBRIGATORIA?

 

A ESO comprende catro cursos, dende os 12 ata os 16 anos, divididos en dous ciclos: 

1º CICLO :  1º + 2º + 3º ESO

2º CICLO:      4º ESO

Esta etapa educativa ten  como finalidades fundamentais:

  • adquirir os elementos básicos dacultura, 

  • consolidar hábitos de estudo etraballo

  • formar como cidadáns
  • preparar para a incorporación a estudos posteriores

 

 Superada con éxito a etapa de ESO acadase o

Título de Graduado en Educación Secundaria  

ahora.png 

 


Horario semanal das materias no 1º ciclo da ESO 


 

MATERIAS

 

PERÍODOS LECTIVOS SEMANAIS

1º CURSO

2º CURSO

3º CURSO

Lingua castelá e literatura

4

3

3

Lingua galega e literatura

4

3

3

Lingua Estranxeira_Inglés

3

3

3

Matemáticas

5

5

4

Xeografía e historia

3

3

3

Bioloxía e xeoloxía

4

--------

2

Educación Física

2

2

2

2º lingua estranxeira: Francés ou Portugués

2

2

------*

Educación plástica e visual

2

------

2

Materia de libre configuración do centro

1

1

-------

Tecnoloxía

------

3

2

Física e Química

------

3

2

Música

------

2

2

Materia especifica *> escoller 1 entre Cultura Clásica/ Francés /                                                          Portugués

------

------

2

Relixión ou Valores éticos

1

1

1

Titoría

1

1

1

 TOTAIS

 32

 32

 32

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
avestruz.gif
Pero non todo é estudo, pois os diversos Departamentos
organizan  actividadese saídas culturais para os diferentes cursos 

 

punto6.gif 1º e 2º ESO

  • Lingua castelá e literatura
  • Lingua galega e literatura
  • Primera Lingua estranxeira - Inglés
  • Xeografía e historia
  • Matemáticas
  • Bioloxía e xeoloxía (en 1º curso)
  • Física e Química (en 2º curso)

Materias específicas 

  • Educación Física, en  1º e 2º curso
  • Educación Plástica e Visual , en 1º curso
  • Tecnoloxía , en 2º curso
  • Música, en 2º curso

   en 1º e 2º curso: 

  • Relixión ou Valores Éticos 
  • 2ª lingua estranxeira: Francés ou Portugués 

 ^ alumnado con dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular no ámbito lingüístico, poderá quedar exento de cursar a segunda lingua estranxeira e recibirá reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectase as dificultades, logo do informe do titor/a, coa colaboración do Dep. de Orientación.  

Materia de libre elección en  1º curso

  • Oratoria ou Obradoiro de música

Materia de libre elección en  2º curso

  • Paisaxe e sustentabilidade

 

punto6.gif 3º ESO

  • Lingua castelá e literatura 
  • Lingua galega e literatura
  • Primeira Lingua estranxeira- Inglés
  • Xeografía e Historia
  • Matemáticas A / Matemáticas B
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e Química

Materias específicas

  • Tecnoloxía
  • Música
  • Educación Física
  • Educación Plástica e Visual     

             Escoller SECCIÓN BILINGÜE nas materias de ED. FÍSICA e ED. PLÁSTICA

  • Segunda lingua estranxeira (Francés / Portugués ) ou Cultura Clásica
  • Relixión ou  Valores Éticos

 

punto.gifPROMOCIÓN DUN CURSO A OUTRO , cando:

  • se superen todas as materias

  • ou se teña avaliación negativa nun máximo de dúas materias ; sempre que estas dúas materias non sexan simultaneamente, lingua galega e matemáticas ou lingua castelá e matemáticas.  ( Excepcionalmente, poderase autorizar a promoción dun alumno)

  • Para o alumnado que no teña superado todas as materias na avaliación final ordinaria, realizaranse probas extraordinarias.

  • Os alumnos/as que promocionen con materias non superadas, seguirán programas de reforzo e deberán superar as avaliacións correspondentes a ditos programas.

  • Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmocurso.

  • Un alumno/a poderá repetir como máximo dúas veces dentro da etapa. 


     

punto6.gif 4º ESO

Este derradeiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria terá carácter orientador.

Consta de dúas opcións, haberá que escoller un itinerio: 

  • Opción ensinanzas ACADÉMICAS para a iniciación ao BACHARELATO

  • Opción ensinanzas APLICADAS para a iniciación á FORMACIÓN PROFESIONAL

 

 

 4º ESO

MATERIAS

TRONCAIS

XERAIS

 

Lingua castelá e literatura

Lingua galega e literatura

1ª Lingua Estranxeira_Inglés

Xeografía e historia

 OPCIÓNS >>

ENSINANZAS ACADÉMICAS

ENSINANZAS APLICADAS

 

 

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN

Matemáticas académicas

Matemáticas aplicadas

Escoller 2 :

  • Bioloxía

  • Física e Química

  • Latín

  • Economía

Escoller 2 :

  • Ciencias aplicadas á actividade profesional

  • Iniciación á actividade emprendedora e empresarial

  • Tecnoloxía

 

 

ESPECÍFICAS

Escoller 2

 

Cultura científica

Ed. Plástica e Visual (sec. bilingüe)

Filosofía

Música

2ª lingua estranxeira: Francés ou Portugués

Tecnoloxías da información e da comunicación

Unha materia do bloque de troncais (de opción) non cursada polo alumno/a

 

Educación Física ( SI/ NON ensinanza bilingüe)

Relixión ou Valores éticos

Titoría

 

punto6.gif Titulación na ESO

 Obterá a Titulación o alumnado con avaliación positiva en todas as materias, teña acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.