Formación Profesional Básica

 
 

Formación Profesional Básica

punto1.gif Requisitos de acceso  a FP Básica

  • Ter cursado 3º ESO ou, excepcional­mente, ter cursado  2ºESO
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • ademais do consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais

A  proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. 

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
    • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

punto1.gif Duración: 2.000 horas, equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo.

punto1.gif  Titulación:  

       Título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

 

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.

Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.

O título profesional básico terá os mesmos efectos laborais que o título de graduado en educación secundaria obrigatoria para o acceso a empregos públicos e privados. Este título capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

 

punto1.gif Acceso ao Título da ESO  nue.gif

Adicionalmente, segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, os alumnos que obteñan un título de formación profesional básica poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriron as competencias correspondentes.

 

punto1.gif Contidos...

... ensinanzas organizadas nos seguintes módulos:

 

- Módulos asociados ao bloque común:

  Comunicación e Sociedade I e II, que inclue as siguientes materias:

  • Lingua castelá
  • Lingua galega
  • Ciencias Sociais
  • Lingua estranxeira

  Ciencias Aplicadas I e II, que inclue las siguientes materias:

  • Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.
  • Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.

Módulos profesionais (de nivel 1 de FP) nos dous cursos, contextualizados no campo profesional do perfil do título.

Constituídos por áreas de coñecemento teórico-prácticas cuxo obxecto é a adquisición das competencias profesionais, persoais e sociais, así como das competencias da aprendizaxe permanente ao longo da vida.

- Módulo de formación en centros de traballo (FCT)

Con anterioridade ao comezo do módulo de FCT, o alumnado deberán adquirir as competencias e os contidos relativos aos riscos específicos e ás medidas de prevención nas actividades profesionais correspondentes ao perfil profesional de cada título profesional básico.

 

punto1.gif A titoría e  orientación educativa e profesional terá unha especial consideración.  

 Cada grupo de formación profesional básica contará cunha titoría de polo menos unha hora lectiva semanal en cada curso.

 

punto1.gif A metodoloxía coa que se desenvolverán estes programas formativos terá un carácter globalizador e tenderá a integración de competencias e contidos entre os módulos profesionais de cada título. Será unha metodoloxía adaptada á necesidades do alumnado e a adquisición progresiva das competencias da aprendizaxe permanente, para facilitar a súa transición á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

 

punto1.gif e se  rematas sen obter título profesional básico

... recibirás a certificación académica dos módulos profesionais superados, que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

 

O portal  de FP da Consellería de Eduación recolle información actualizada relativa á Formación Profesional Básica: período de admisión , matricula,  oferta de formación profesional básica en Galicia 

 

Normativa que regula a FP Básica: 

ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.