Formación Profesional Básica

 
 

Formación Profesional Básica

 

No IES Poeta Díaz Castro ofértase a titulación de FP Básica de Fabricación e Montaxe.  

Familia: Fabricación mecánica

Sistema educativo: LOE

Grao: profesional básico

Horas: 2000

Código: BFME01

 

Que se aprende a facer?

Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos de traballa? 

Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

Que ocupacións se desempeñan? 

Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a; montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción; montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.

 

Módulos deste ciclo de fp básica (ver enlace

Titulación : Profesional básico en Fabricación e montaxe.

lineaGrAz.gif

 

punto1.gif Requisitos de acceso  a FP Básica

  • Ter cursado 3º ESO ou, excepcional­mente, ter cursado  2ºESO
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • ademais do consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais

A  proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na ESO.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
    • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

 

punto1.gif Duración: 2.000 horas, equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo.

                     Na modalidade de FP dual, ata 3 cursos.

 

punto1.gif  Titulación:  

       Título profesional básico.

       Inclúe unha cualificación profesional básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.

O título profesional básico terá os mesmos efectos laborais que o título de graduado en educación secundaria obrigatoria para o acceso a empregos públicos e privados. Este título capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Este título permite o acceso á FP de grao medio.(ver criterios de preferencia

 

punto1.gif Acceso ao Título da ESO  nue.gif

Adicionalmente, segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, os alumnos que obteñan un título de formación profesional básica poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriron as competencias correspondentes.

 

punto1.gif Contidos da FP Básica:

... ensinanzas organizadas nos seguintes módulos:

 

- Módulos asociados ao bloque común:

  Comunicación e Sociedade I e II, que inclue as siguientes materias:

  • Lingua castelá
  • Lingua galega
  • Ciencias Sociais
  • Lingua estranxeira

  Ciencias Aplicadas I e II, que inclue las siguientes materias:

  • Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.
  • Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.

Módulos profesionais (de nivel 1 de FP) nos dous cursos, contextualizados no campo profesional do perfil do título.

Constituídos por áreas de coñecemento teórico-prácticas cuxo obxecto é a adquisición das competencias profesionais, persoais e sociais, así como das competencias da aprendizaxe permanente ao longo da vida.

- Módulo de formación en centros de traballo (FCT)

Con anterioridade ao comezo do módulo de FCT, o alumnado deberán adquirir as competencias e os contidos relativos aos riscos específicos e ás medidas de prevención nas actividades profesionais correspondentes ao perfil profesional de cada título profesional básico.

 

punto1.gif A titoría e  orientación educativa e profesional terá unha especial consideración.  

 Cada grupo de formación profesional básica contará cunha titoría de polo menos unha hora lectiva semanal en cada curso.

 

punto1.gif A metodoloxía coa que se desenvolverán estes programas formativos terá un carácter globalizador e tenderá a integración de competencias e contidos entre os módulos profesionais de cada título. Será unha metodoloxía adaptada á necesidades do alumnado e a adquisición progresiva das competencias da aprendizaxe permanente, para facilitar a súa transición á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

 


 

punto1.gif e se  rematas sen obter título profesional básico

... recibirás a certificación académica dos módulos profesionais superados, que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

 

Tamén podes cursar a Educación secundaria de adultos (ESA) , e validar ámbitos superados de FP Básica, para obter a titulación . (Anexo VI , Orde 20 de marzo de 2018

 


 lineaGrAz.gif

O portal  de FP da Consellería de Eduación recolle información actualizada relativa á Formación Profesional Básica: período de admisión , matricula,  oferta de formación profesional básica en Galicia 

 

Normativa que regula a FP Básica: 

ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.