FP Grado Superior

 

Si estás rematando un ciclo de grao medio ou bacharelato... estás pensando en estudos superiores prácticos para incorporarte canto antes ao mercado laboral cunha cualificación profesional ...  podes decantarte pola FP de grao superior (CFGS) .

 

Non o dubides … F.P. Grado Superior.  (PICA NO ENLACE PARA VER TODA A INFORMACIÓN) 

 

En dous anos (2000 horas ) podes obter o Título de Técnico/a  Superior. 

 

Onde se imparten?  como son? 

Actuamente a FP de grao superior pódese cursar nos IES ou CIFP , 

    • por curso completo, no réxime ordinario,na modalidade  presencial

    • de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas (presencial ou a distancia), para o cal é preciso ter 18anos.

    • Fp dual > tamén para persoas adultas, que comprende accións fomativas mixtas de emprego e formación(alternancia de actividade laboral e formación no sistema educativo)

      Estrutura :  

        Cada ciclo formativo comprende unha serie de Módulos.

Son as áreas ou materias de contido teórico-práctico  (“as asignaturas”).

Existen uns modulos que son comúns a todos os ciclos: FOL (Formación e Orientación Laboral), EIE (Empresa e iniciativa emprendedora) , FCT (Formación en centros de traballo), Proxecto Integrado

 

Oferta de ciclos formativos 

     Son estudos moi  demandados que  ofrecen unha ampla capacitación profesional dependendo da familia profesional. O catálogo de CFGS en España podese consultar na páxina web : todofp   // Descubre a FP

 

     Galicia conta cunha ampla variedade en cada unha das seguintes familias profesionais:

    flecha2.gif ... vinculadas ás ciencias e ao medio natural

  flecha2.gif  ... de corte máis técnico e tecnolóxico

    flecha2.gif ... relativas ao deseño, creación e imaxe persoal

     flecha2.gif... vinculadas ao campo administrativo e comercial 

     flecha2.gif... vinculadas máis a vertente socioeducativa e actividade física 

 

Para saber más:  Pincha no menú en…

  • OrientaLine
  • Ou baixa o "Orienta"  

 

Saidas e Perspectivas despois dun CFGS

Esta formación teórico-práctica prepara para tarefas de mandos intermedios.

Obtense a cualificación profesional necesaria para realizar traballos técnicos propios da profesión, e tamén asumir responsabilidades de planificación, organización e coordinación.

Si finalizas a FP de grao superior e desexas continuar estudos na Universidade tes a posibilidade de acceder de forma directa. Na admisión a estudos universitarios desde a FP terase en conta a nota media do ciclo superior realizado.  

Para saber máis sobre como acceder e mellorar a nota de admisión , bótalle unha ollada a este vídeo.

Outra ventaxa si cursar un CFGS e accedes a estudos universitarios é a posibilidade de validar materias ou créditos.

 

Acceso á CFGS

Cumplir algun destes requistos...

GRUPO A

 punto.gifEstar en posesión del título de Bacharelato  ( modalidade preferente  e coas materias vinculadas ) 

punto.gifCertificado acreditativo de ter superadas todas las materias de Bacharelato 

GRUPO B

 punto.gifTítulo de Técnico de FP  (da mesma familia profesional , diferente familia profesional )

GRUPO C

 punto.gifSuperada  unha proba de acceso*  (con 19 anos ) a CFGS

 punto.gifSuperada a proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos 

 punto.gifSuperada  unha proba de acceso, y tener 19 años cumplidos en el año de realización de dicha prueba.

 punto.gifAlumnado co  título de  Técnico Superior ou Técnico especialista

 punto.gifAlumnado co título universitario

 

 A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo/centro é a seguinte: 

GRUPO A

Bacharelato ou equivalentes

GRUPO B

Título de técnico

GRUPO C

Probas de acceso e outros

 

Ata o 70%

 

Ata o 20%

 

Ata o 10%

 

 A solicitude de praza realizase vía web para todos os réximes e graos usando o asistente informático do portal edu.xunta/fp (activo soamente durante os períodos de solicitude) 

 

 lineaGrAz.gif

 

punto5.gif  Como é a proba de acceso a CFGS ?     

Ter 19 anos ou cumplilos no ano de realización da proba

A proba divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

- Parte específica:

  • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
  • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
  • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía

  No portal de edu.xunta/fp pódese consultar os contidos da probas e criterios de avalición, así como os exames de convocatorias anteriores.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.  Devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

  • Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.