FP Grado Medio

 

Por que estudar Formación profesional?

Os estudos da FP están encamiñados á inserción laboral e cualificación de profesional especializada nos distintos sectores Son unha vía rápida e segura de acceso ao emprego, en constante actualización e adaptación ás necesidades dun mercado laboral cambiante. 

 

A FP dívidese en 3 niveis: BÁSICA, GRAO MEDIO e GRAO SUPERIOR 

 

Existen máis de 170 títulos de FP, distribuidos en 26 familias profesionais  que abranguen prácticamente todos os sectores produtivos: Hostalería e turismo, electricidade, sanidade, informática... Todos eles cunha finalidade eminentemente práctica dirixida á realidade do día a día nun posto de traballo.

 No portal Descubre a FP se poden atopar todas as titulacións de FP.

 

lineaGrAz.gif

 

Neste espazo imos adicarnos á FP de GRAO MEDIO ...

Comprende ensinanzas teórica-prácticas que se poden cursar

flecha1.gif no réxime ordinario

  • na modalidade presencial , asistindo diariamente ao centro formativo
  • ou de xeito parcial por módulos formativos

 

flecha1.gif no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial  como a distancia

 

flecha1.gif  na modalidade de FP dual , nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.  

 

punto9.gif A oferta de ciclos formativos en Galicia está distribuida  23 familias profesionais  : 

     ... vinculadas ás ciencias e ao medio natural

    ... de corte máis técnico e tecnolóxico

     ... relativas ao deseño, creación e imaxe persoal

     ... vinculadas ao campo administrativo e comercial 

     ... vinculadas máis a vertente socioeducativa e actividade física 

 

 

punto9.gif Onde se poden cursar a Formación profesional ? 

Nos IES e tamén nos Centros integrados de FP (CIFP)

Pincha no meu onde di "OrienLine" …

  • OrientaLine
  • Ou baixa o programa Orienta

 

punto9.gif Como se accede?

  Co Título da ESO.

E tamén se pode acceder á FP de grao medio si: 

punto.gif coa titulo profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI (do curso 2011-12 ou seguintes) 

punto.gif coa certificación de superación das probas de acceso a ciclos  (con 17 anos) *

 
A distribución das prazas, ao comezo de admisión para cada ciclo /centro é a seguinte:  

GRUPO A

ESO ou equivalentes

GRUPO B

FPB e PCPI

GRUPO C

Probas de accceso e outros

 

Ata o 70%

 

Ata o 20%

 

Ata o 10%

 

A solicitude de praza realizase vía web para todos os réximes e graos usando o asistente informático do portal edu.xunta/fp

 

lineaGrAz.gif

 

* Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio .    Convocatoria 2021

   As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

- Parte sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Parte matemática: matemáticas.

- Parte científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

 

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

 A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

 Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.