PMAR

 

 PROGRAMAS DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO (PMAR) 

 

punto6.gif Estes programas son unha medida extraordinaria de atención á diversidade que permiten ao alumnado acadar as competencias do 1º ciclo da ESO. O alumnado terá que realizar o 4º curso da ESO pola vía ordinaria para obter o título de graduado en ESO.

 

punto6.gif Características

    Establecense programas de 1 ano - para cursar 3º ESO  ou de 2 anos - para cursar 2º e 3º ESO

    Grupos reducidos (entre 5 e 10 alumnos/as máximo) 

    Emprégase unha metodoloxía específica , mediante a organización de contidos en ámbitos e actividades prácticas

 

punto6.gif Acceso:  (ver artigo 11, RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia)

 

    Presentar dificultades de aprendizaxe relevantes que non sexan imputables a falta de estudo ou esforzo. 

    Ter repetido cando menos un curso en calquera etapa 

punto.gifTer cursado 1º ESO, non estar en condicións de promocionar a 2º ESO -  PMAR 2 anos 

punto.gifTer cursado 2º ESO  e non estar en condicións de promoción a 3º ESO -  PMAR 1 ano

punto.gifCursando 3º ESO e non estar en condicións de promocionar ao 4º curso de ESO - repetir 3º ESO nun PMAR (excepcionalmente) 

 Asímesmo, para incorporarse ao PMAR o alumnado tivo que ter previamente outras medidas de atención á diversidade e existir expectativas razoables de que coa incorporación ao programa poderán cursar o 4º curso pola vía ordinaria.

 

 
(imaxe do blog de Mónica Diaz_Orienta) 
 
 

punto6.gif Estrutura - AMBITOS:

punto.gifÁmbito lingüístico - social ( 9 h/ semana) , que abrangue aspectos básicos do currículo das materias de lingua castelé e lingua galega e literatura e tamén Xeografía e Historia

punto.gifÁmbito científico-matemático  ( 8 h/ semana) , que abrangue aspectos básicos do currículo das materias de matemáticas aplicadas, bioloxía e xeoloxía e física e química.

punto.gifÁmbito de linguas estranxeiras  ( 3 h/ semana) , que abrangue aspectos básicos do currículo correspondente á 1ª lingua estranxeira.

    20h/semanais corresponden aos ámbitos. As restantes corresponden a materias co grupo de referencia, tales como educación física, tecnoloxías,música,educación plástica e visual, relixión/valores éticos, ...

 

punto6.gif¡Importante!

Para obter o título de ESO terase que realizar 4º curso da ESO pola vía ordinaria , opción APLICADAS ou ACADÉMICAS.

 

 

Normativa PMAR:

RESOLUCIÓN de 29 de mayo de 2019, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo, en el curso académico 2019/20, del currículo establecido en el Decreto 86/2015, de 25 de junio, de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia.

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.