Formación Profesional Básica

punto1.gifDirección Xeral de Formación Profesional Admisión a formación profesional 2023-2024  

Prazos do proceso de admisión -FP Básica

Período ordinario de admisión

Presentación de solicitudes: 26 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas

Publicación da listaxe provisional de solicitudes :10 de xullo

Reclamación á listaxe provisional de solicitudes : Do 10 ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 12 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes :24 de xullo

Publicación da adxudicación de prazas :24 de xullo

Matriculación das persoas con praza adxudicada: Desde o 24 de xullo

punto1.gifCoñece a formación profesional básica

A formación profesional de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Que título se obtén?

Superando un ciclo de FP básica obtense o título de técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

Adicionalmente, obterán o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Cal é a validez dos títulos?

O título de técnico básico ten tanto valor académico como profesional.

Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de concorrencia competitiva, que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título de técnico básico permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio.

Cales son as vías de obtención do título de técnico básico?

Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título de técnico básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

O título de técnico básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:

Ser proposto/a polo equipo docente

Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais

Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso

Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo

Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

Que hai que facer para matricularse?

Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23.

No caso de alumnado que estea a cursar ensinanzas da ESO que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.

No caso de alumnado de FP básica repetidor, 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso a solicitude será presentada no centro onde está matriculado no curso actual.

No resto dos casos (alumnado sen matrícula na ESO que faga 18, 19, 20 anos no de inicio do ciclo formativo) presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidos.

Documentación a presentar:

Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos

Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade

Cal é o período de admisión na FP Básica?

Calendario de admisión para o curso 2022-2023

Onde podo cursar un ciclo formativo básico?

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2022-2023:

Clasificada por familia profesional e ciclo formativo

Clasificada por provincia e concello

 

nuevo.png

Se denominará...

Formación Profesional Básica

punto1.gif Requisitos de acceso 

  • Tener cumplidos quince años, o cumplirlos durante el año natural en curso, y no superar los diecisiete años de edad en el momento del acceso o durante el año natural en curso.
  • Haber cursado 3º de ESO sin estar en condiciones de promocionar a cuarto curso,
  • o excepcionalmente haber cursado el segundo curso de la Educación Secundaria Obligatoria.

punto1.gif Contenidos

... enseñanzas organizadas en los siguientes bloques comunes:

  • Bloque de Comunicación y Ciencias Sociales, que incluirá las siguientes materias:
    • Lengua Castellana
    • Lengua Extranjera
    • Ciencias Sociales
    • En su caso Lengua Cooficial
  • Bloque de Ciencias Aplicadas, que incluirá las siguientes materias:
    • Matemáticas Aplicadas al Contexto Personal y de Aprendizaje en un Campo Profesional
    • Ciencias Aplicadas al Contexto Personal y de Aprendizaje en un Campo Profesional

punto1.gif Los criterios pedagógicos con los que se desarrollarán los programas formativos de estos ciclos se adaptarán a las características específicas del alumnado y fomentarán el trabajo en equipo.

punto1.gif Asimismo, la tutoría y la orientación educativa y profesional tendrán una especial consideración.

punto1.gif Duración. Los ciclos tendrán 2 años de duración. Los alumnos podrán permanecer cursando un ciclo de Formación Profesional Básica durante un máximo de cuatro años.

punto1.gif Titulación. Recibirán el título Profesional Básico correspondiente. 

punto1.gif Permitirá el acceso a los ciclos formativos de grado medio de la Formación Profesional del sistema educativo.

punto1.gif Podrán obtener el título de ESO si superan la evaluación final de Educación Secundaria Obligatoria.

2024