PREMIOS

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23

Xúntase a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Orde do 31 de marzo de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 31 de marzo de 2023 (DOG)

Convocatoria 22-23 dos premios extraordinarios de bacharelato

Obxectivo:

Premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Bacharelato.

Destinatarios:

Alumnado que finalizará no curso 2022-2023 os seus estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obteñan unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O alumnado que obteña un Premio extraordinario de bacharelato:

Recibirá un premio en metálico (1.000 euros).

Exención de pago de matrícula no 1º curso el primer curso dos estudos superiores nun centro público.

Optarán aos  Premios Nacionais de Bacharelato.

Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro tipo de premios, becas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou por calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Realización da proba para a obtención do premio:

1. O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

2. Serán admitidos/as á proba, condicionalmente, os alumnos e as alumnas que na data da súa realización estean pendentes de resolución de corrección da solicitude de inscrición.

3. A realización da proba terá lugar o día 14 de xuño de 2023 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal). A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá modificar a data de realización da proba por causas debidamente xustificadas.

4. As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

5. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Convocatoria 2023:

Prazo de presentación: do 26 de abril de 2023 ao 25 de maio de 2023

Orde de 20 de marzo de 2023 (DOG)

Extracto da Orden de 20 de marzo de 2023 (DOG)

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22

Xúntase a Orde do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311B).

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior (código de procedemento ED311B) correspondentes ao curso 2021/22 para o alumnado que realizou e que rematou os seus estudos no ano 2022.

2. A finalidade destes premios é dar recoñecemento público aos méritos baseados no esforzo e no traballo das persoas que finalizaron os estudos de formación profesional de grao superior cun excelente rendemento académico.

Artigo 2. Número, orzamento e características dos premios

1. Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A dotación para os premios será de 23.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.07.422M.480.4 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, dos orzamentos do ano 2023, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio. A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.

3. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica, de cumprir os requisitos establecidos no artigo 16 desta orde, e ademais recibirá un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan. 4. Estes premios extraordinarios de formación profesional de grao superior son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou por calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

5. As persoas que obteñan premio extraordinario de formación profesional de grao superior poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2022.

b) Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Orde do 7 de marzo de 2023 (DOG)

2024