Idiomas

Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2023/24

Publicouse a Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.

O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta.  nos seguintes prazos:

Período de matrícula ordinaria: do 19 ao 30 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2022/23 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2023/24 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria: do 3 ao 21 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 3 e o 7 de xullo.

Máis información:

Resolución do 16 de maio de 2023

10ª Convocatoria de Bolsas Eurolingua

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está financiado ao 100% e inclúe:

Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.

A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán o 23 de xullo ou o 6 de agosto (pendente de revisión). En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.

Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.

Proba de nivel.

Programa de 20 clases de inglés semanais.

Material didáctico.

Programa de actividades culturais, visitas e excursións.

Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.

Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.

Teléfonos de emerxencia 24 horas.

Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA

Ata as 23.59 horas do 19 de abril de 2023.

Para comprobar requisitos pica https://www.becaseurolingua.com/requisitos/

OFERTA EDUCATIVA DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS NA XOMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A PARTIR DO CURSO ESCOLAR 2022/2023

Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG)

AXUDASLE

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Orden de 18 de enero de 2023 por la que se convocan ayudas para la realización de actividades de formación en lenguas extranjeras en el año 2023, destinadas al alumnado de los centros docentes sostenidos con fondos públicos, escolarizado en los cursos 2021/22 y/o 2022/23, en régimen de concurrencia competitiva (código de procedimiento ED504B).

El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.

La información sobre este programa, así como la aplicación "en linea" que se refiere en la convocatoria, se encontrará en la página web https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Orden de 18 de enero de 2023 (DOG)

Extracto de la Orden de 18 de enero de 2023 (DOG)

Pruebas EOI

MODELOS DE PROBAS DE CERTIFICACIÓN DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS DE GALICIA

 

2024